Adá, Chantada
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Adá.
Adá | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa Baia de Adá. | |
Concello | Chantada |
Área | 6,67 km² |
Poboación | 118 hab. (2017) |
Densidade | 17,69 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 |
Santa Baia de Adá é unha parroquia que se localiza no concello de Chantada. Segundo o INE en 2008 tiña 122 habitantes (67 homes e 55 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 161 habitantes.
Desta parroquia era Paulino Fernández, quen en 1989 asasinou oito dos seus conveciños no maior crime en serie da historia de Galicia.
Índice
Patrimonio[editar | editar a fonte]
- Igrexa de Santa Baia de Adá, de orixe románico, foi reedificada no século XVI. No muro actual da nave consérvanse dous modillóns que puideron ser aproveitados da construción románica.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Adá[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Adá no concello de Chantada (Lugo) | |
---|---|
Adá | Casdemiro | A Chanca | Erosa | Mundín | Quinzán da Vila | Surribas | Vilar | Xestoso |