Carlos Quintana Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1914 Arcos, España |
Morte | 30 de xuño de 1941 (26/27 anos) Lugo, España |
Causa da morte | ferida por arma de fogo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Familia | |
Irmáns | Victorino Quintana Vázquez |
Carlos Quintana Vázquez, nado en Arcos (Chantada) cara a 1914 e finado en Lugo o 30 de xuño de 1941, foi un xastre e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xastre en Arcos. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou no Depósito de Chantada o 7 de decembro de 1937. Pasou ao Cárcere de Lugo, de onde saíu o 21 de decembro. Foi novamente detido en 1941 acusado de atraco a man armada e asasinato do garda civil Rogelio González Coldeiro. Xulgado en Lugo por adhesión á rebelión o 25 de xuño de 1941 na causa 422/41, xunto con Salvador Gil Moure, Jesús López Suárez, Marcelino Sánchez Iglesias, Ramiro Rodríguez Díaz, Jaime González Fernández e Álvaro Vázquez N., foi condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 30 de xuño de 1941 xunto con Marcelino Sánchez Iglesias, Ramiro Rodríguez Díaz, Jaime González Fernández e Álvaro Vázquez N..[1][2] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en decembro de 1942.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 2-7-1941, p. 2.
- ↑ El Progreso, 4-7-1941, p. 4.
- ↑ BOE, 27-3-1943, 1180.