Benjamín Argiz Fiunte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBenjamín Argiz Fiunte
Biografía
Nacemento1918 Editar o valor em Wikidata
Chantada, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de decembro de 1939 Editar o valor em Wikidata (20/21 anos)
Chantada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Benjamín Argiz Fiunte, nado en Chantada cara a 1918 e finado no mesmo concello o 20 de decembro de 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño de Arcos. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 desertou do Batallón 353, estivo fuxido e formou parte do grupo de guerrilleiros que actuaba no suroeste da provincia de Lugo, principalmente no concello de Chantada, comandados por Salvador Valcárcel Montenegro. Participou no asalto á sucursal do Banco Pastor en Chantada. Foi requirido polo Xulgado Militar de Lugo en febreiro de 1939 xunto con Salvador Valcárcel e Benito Montes Otero.[1] O grupo desfíxose trala morte pola Garda Civil de Salvador Valcarcel e outros dous guerrilleiros da partida en Adá o 11 de abril de 1939.[2] Foi xulgado en Lugo na causa 812/38 e declarado en rebeldía. Foi requirido polo Xulgado Militar de Vigo en decembro de 1939 xunto con Jesús López Suárez e Victorino Quintana Vázquez.[3] Benjamín foi detido en Chantada o 17 de decembro de 1939 e foi asasinado no Depósito de Chantada ás 8 horas do 20 de decembro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOP Lugo, 18-2-1934, p. 4.
  2. "A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado". Consultado o 04 de agosto de 2020. 
  3. El Pueblo Gallego, 16-12-1939, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]