Franco Cobas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1939 (85 anos) Boiro, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | remeiro |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | remo |
Participou en | |
1960 | rowing at the 1960 Summer Olympics – men's coxed four (en) |
Familia | |
Pai | Franco Cobas Lamas |
Franco Cobas González, nado en Boiro o 18 de maio de 1939, é un ex-remeiro galego, que competiu nos Xogos Olímpicos de 1960.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Boiro, concello no que o seu pai, Franco Cobas Lamas, era alcalde, e durante a súa infancia instalouse en Vigo.[2][3] Foi remeiro do Real Club Náutico de Vigo e, en 1960, despois de se ter proclamado campión de España no Lago de Banyoles, foi seleccionado para disputar os Xogos Olímpicos de Roma.[4] Participou na proba de catro con temoneiro, celebrada no Lago Albano, xunto aos seus compañeiros do Náutico Emilio García Bengoechea, José Luis Méndez e Alberto Valtierra, con Armando González como temoneiro. Remataron de últimos tanto na súa manga dos cuartos de final, como na da repesca, sendo o ouro para o Equipo Alemán Unificado.[5]
Posteriormente foi árbitro de remo, chegando a arbitrar nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 e nos de Atenas 2004, e en outubro de 2004 foi elixido presidente do Real Club Náutico de Vigo.[6][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
- ↑ 2,0 2,1 "«Recuperaremos la gloria del club y el protagonismo de los socios»". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de outubro de 2004. Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ "Franco Cobas recordó emocionado que en el arenal de Barraña comenzó a sentir su amor por el mar". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xullo de 2002. Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ Cobas, Franco. "Nos ha dejado José Luis Méndez… uno de los pilares de cuando el Náutico de Vigo fue España" (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ "Proba de catro con temoneiro dos Xogos Olímpicos de 1960". olympedia.org (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ "Los socios del Náutico decidieron con sus votos «un cambio rotundo»". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo ed.). 30 de outubro de 2004. p. L9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do remeiro no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional (en inglés).
- Datos do remeiroen sports-reference.com. Arquivado dende o orixinalArquivado 14 de decembro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés).