Liga ACT

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Equipo de Urdaibai en 2007 co trofeo da Liga San Miguel.

A Liga ACT, coñecida por motivos de patrocinio como Eusko Label Liga, é a liga de remo creada pola Asociación de Clubs de Traiñeiras (ACT) como primeira división do remo no Cantábrico. A Liga ACT naceu o 2 de xullo de 2003 tralo acordo acadado polos Gobernos das Comunidades Autónomas de Galiza, Asturies, Cantabria e Euskadi, para apoiar e impulsar a disciplina deportiva que forma parte da tradición dos pobos do norte de España. No 2006, tras un acordo de patrocinio coa empresa Mahou-San Miguel, a Liga ACT trocou o seu nome polo de Liga San Miguel.

É pois a primeira división das traiñeiras. Baixo ela atópanse a Liga ARC, na que compiten clubs cántabros, vascos e agora tamén asturianos; e a Liga Galega ou Liga Noroeste. Os dous últimos clasificados das 12 que disputan a Liga San Miguel disputan o play-off de ascenso/descenso contra os dous primeiros clasificados dun play-off previo entre os dous mellores da Liga ARC e da Liga Galega. As dúas traiñeiras que mellor queden manterán ou subirán de categoría.

Para evitar a fuga masiva de remeiros a clubs con alto poder económico, e con obxecto de potenciar a canteira, estabelécese un cota de mínimo sete remeiros propios, entendéndose como propios aqueles que estiveron polo menos tres anos nun mesmo club.

Gañadores[editar | editar a fonte]

Campións da Liga ACT
Tempadas CAMPIÓN Segundo Terceiro Mellor Galego
Tempada 2022 - - -
Tempada 2021 Flag of the Basque Country.svg SANTURZTI Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Flag of the Basque Country.svg Orio Cabo da Cruz (8º)
Tempada 2020 Flag of the Basque Country.svg SANTURZTI Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Flag of the Basque Country.svg Urdaibai Cabo da Cruz (7º)
Tempada 2019 Flag of the Basque Country.svg ORIO Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Flag of the Basque Country.svg Santurtzi Cabo da Cruz (8º)
Tempada 2018 Flag of the Basque Country.svg URDAIBAI Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Flag of the Basque Country.svg Zierbena Cabo da Cruz (6º)
Tempada 2017 Flag of the Basque Country.svg URDAIBAI Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Flag of the Basque Country.svg Orio Tirán (7º)
Tempada 2016 Flag of the Basque Country.svg URDAIBAI Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Flag of the Basque Country.svg Kaiku Tirán (6º)
Tempada 2015 Flag of the Basque Country.svg HONDARRIBIA Flag of the Basque Country.svg Urdaibai Flag of the Basque Country.svg Orio Cabo da Cruz (6º)
Tempada 2014 Flag of the Basque Country.svg HONDARRIBIA Flag of the Basque Country.svg Orio Flag of the Basque Country.svg Kaiku Cabo da Cruz (4º)
Tempada 2013 Flag of the Basque Country.svg KAIKU Flag of the Basque Country.svg Urdaibai Flag of the Basque Country.svg Orio Tirán (5º)
Tempada 2012 Flag of the Basque Country.svg KAIKU Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Flag of the Basque Country.svg Urdaibai Tirán (4º)
Tempada 2011 Flag of the Basque Country.svg KAIKU Flag of the Basque Country.svg Urdaibai Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Tirán (5º)
Tempada 2010 Flag of the Basque Country.svg URDAIBAI Flag of the Basque Country.svg Orio Flag of the Basque Country.svg Donibane Tirán (7º)
Tempada 2009 Cantabria CASTRO Flag of the Basque Country.svg San Pedro Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Tirán (9º)
Tempada 2008 Flag of the Basque Country.svg URDAIBAI Cantabria Castro Flag of the Basque Country.svg Orio Cabo da Cruz (9º)
Tempada 2007 Flag of the Basque Country.svg URDAIBAI Flag of the Basque Country.svg Orio Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Cabo da Cruz (10º)
Tempada 2006 Flag of the Basque Country.svg HONDARRIBIA Cantabria Castro Flag of the Basque Country.svg Orio Cabo da Cruz (5º)
Tempada 2005 Cantabria ASTILLERO Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Cantabria Castro Cabo da Cruz (7º)
Tempada 2004 Flag of the Basque Country.svg URDAIBAI Cantabria Astillero Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Cabo da Cruz (6º)
Tempada 2003 Cantabria ASTILLERO Galicia Mecos Flag of the Basque Country.svg Donibane Mecos (2º)

Historia[editar | editar a fonte]

Iníciase no mes de Santiago de 2003. Nace cos seguintes obxectivos:

  • Facer da Liga unha competición de alto nivel de afeccionados, xestionada profesionalmente, na que participen os doce mellores equipos pertencentes á área xeográfica.
  • Conseguir incrementar notoriamente o número de seguidores, potenciando a atención e cobertura que os medios de comunicación prestaban anteriormente.
  • Deseñar a competición en formato de Liga Regular, para que resultase máis atractiva e comprensible para todos.
  • Garantir a súa estabilidade no tempo, mediante unha fase de ascenso e descenso con clubs provenientes de Ligas Federativas.

O 28 de setembro de 2003 finalizou a primeira Liga ACT. Foi un éxito de competición, avalado polos medios de comunicación e polos afeccionados. Nesta temporada , Astillero realizou unha actuación histórica, gañando a I Liga ACT e obtendo un total de 10 bandeiras.

Durante a III edición instaurouse a Coroa ACT como trofeo ao campión. Esta temporada estivo chea de polémica por temas extradeportivos arredor da SDR Astillero, que se saldou coa exclusión do vencedor, Astillero, para as seguintes edicións.

A partir da IV edición, a competición pasou a denominarse Liga San Miguel. Despois da VI edición a Coroa Act pasa a chamarse Coroa Caja Madrid. Ademais ese mesmo ano instálase o maillot verde para o mellor patrón.

Traiñeiras participantes na primeira edición (2003)[editar | editar a fonte]

Equipos participantes dende 2003[editar | editar a fonte]

Equipo Club Nome de traiñeira Concello Provincia Temporadas Títulos Subcampionatos 3º postos Bandeiras
Urdaibai Umpro Avia Urdaibai Arraun Elkartea Solid blue.svgSolid blue.svg "Bou Bizkaia" Bermeo Biscaia 7 (2003-09) 3 (2004,07,08) 0 0 26
Naturhouse Castro Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales Solid red.svgSolid red.svg "La Marinera" Castro Urdiales Cantabria 7 (2003-09) 1 (2009) 2 (2006,08) 1 (2005) 30
Hondarribia Hondarribia Arraun Elkartea Solid green.svgSolid white.svg "Ama Guadalupekoa" Hondarribia Guipúscoa 7 (2003-09) 1 (2006) 1 (2005) 3 (2004,07, 09) 16
Grupo Eibar Orio Orio Arraunketa Elkartea Solid yellow.svgSolid yellow.svg "Txiki" (2003-06)/ "San Nikolas" (2007)/ "Mirotza" (2008-09) Orio Guipúscoa 7 (2003-09) 0 1 (2007) 2 (2006,08) 18
Pedreña Sociedad Deportiva de Remo Pedreña Solid white.svgSolid black.svg "Marina de Cudeyo" Marina de Cudeyo Cantabria 7 (2003-09) 0 0 0 2
Cabo da Cruz Club de Remo Cabo da Cruz Solid red.svgSolid black.svg "Cabo da Cruz" Boiro A Coruña 6 (2003-08)[1] 0 0 0 1
Mecos Mondariz Club de Remo Mecos Solid blue.svgSolid white.svg "Mequiña" O Grove Pontevedra 5 (2003-07) 0 1 (2003) 0 2
Zarautz Inmobiliaria Orio Zarauzko Arraun Elkartea Solid blue.svgSolid blue.svg "Enbata" Zarautz Guipúscoa 5 (2003/06-09) 0 0 0 1
Arkote Arkote Arraun Taldea Solid black.svgSolid yellow.svg "Plentzitarra" Plentzia Biscaia 5 (2005-09) 0 0 0 0
Pasai Donibane Iberdrola Pasai Donibane Koxtape Arraun Elkartea Solid pink.svgSolid pink.svg "Erreka" Pasaia Guipúscoa 4 (2003-06) 0 0 1 (2003) 1
Zumaia Altuna y Uría Aita Mari Arraun Elkartea Solid red.svgSolid red.svg "Telmo Deun" Zumaia Guipúscoa 4 (2006-09) 0 0 0 0
Tirán Pereira Sociedade Deportiva Tirán Solid blue.svgSolid blue.svg "Pereira" Moaña Pontevedra 4 (2003-04/08-09) 0 0 0 0
Astillero Sociedad Deportiva de Remo Astillero Solid blue.svgSolid blue.svg “San José XII" (2003)/
"San José XIII" (2004-05)
El Astillero Cantabria 3 (2003-05)[2] 2 (2003,05) 1 (2004) 0 29
San Pedro Ecolmare Sanpedrotarra Arraun Elkartea Solid purple.svgSolid purple.svg "Libia" Pasaia Guipúscoa 3 (2007-09) 0 1 (2009) 0 3
Grafilur Isuntza SuperBM Isuntza Arraun Elkartea Solid blue.svgSolid white.svg Solid black.svg "Isuntza" Lequeitio Biscaia 3 (2003-05) 0 0 0 0
Laredo Laredo Remo Club Solid red.svgSolid black.svg "La Pejinuca" Laredo Cantabria 3 (2006-08) 0 0 0 0
Trintxerpe Carglass Illunbe Kirol Elkartea Solid blue.svgSolid white.svg "Ilunbe" Pasaia Guipúscoa 2 (2004-05) 0 0 0 0
Kaiku Ambilamp Sociedad Deportiva de Remo Kaiku Solid black.svgSolid green.svg “Bizkaitarra" Sestao Biscaia 1 (2009) 0 0 0 0
Samertolameu Sociedade Deportiva Samertolameu Solid green.svgSolid green.svg “Meira Mar” Moaña Pontevedra 1 (2009) 0 0 0 0

Clasificación histórica[editar | editar a fonte]

Posto Equipo País Puntos Campionatos
1 Hondarribia Flag of the Basque Country.svg Euskadi 3.243 3
2 Urdaibai Flag of the Basque Country.svg Euskadi 3.000 7
3 Orio Flag of the Basque Country.svg Euskadi 2.886 1
4 Kaiku Flag of Cantabria.svg Cantabria 1.595 3
5 Cabo da Cruz Galicia Galiza 1.461 0
6 Castro Flag of Cantabria.svg Cantabria 1.407 1
7 Koxtape Flag of the Basque Country.svg Euskadi 1.390 0
8 San Pedro Flag of the Basque Country.svg Euskadi 1.322 0
9 Tirán Galicia Galiza 1.319 0
10 Astillero Flag of Cantabria.svg Cantabria 1.294 2
11 Pedreña Flag of Cantabria.svg Cantabria 1.257 0
12 Zierbena Flag of the Basque Country.svg Euskadi 1.085 0
13 Santurzi Flag of the Basque Country.svg Euskadi 732 2
14 Zarautz Flag of the Basque Country.svg Euskadi 643 0
15 Donostiarra Flag of the Basque Country.svg Euskadi 598 0
16 Zumaia Flag of the Basque Country.svg Euskadi 541 0
17 Ondarroa Flag of the Basque Country.svg Euskadi 491 0
18 Mecos Galicia Galiza 487 0
19 Portugalete Flag of the Basque Country.svg Euskadi 387 0
20 Arkote Flag of the Basque Country.svg Euskadi 353 0
21 Isuntza Flag of the Basque Country.svg Euskadi 345 0
22 Ares Flag of the Basque Country.svg Euskadi 196 0
23 Laredo Flag of Cantabria.svg Cantabria 121 0
24 Trintxerpe Flag of the Basque Country.svg Euskadi 67 0
25 Samertolameu Galicia Galiza 58 0
26 Camargo Flag of Cantabria.svg Cantabria 46 0

Traiñeiras participantes en 2017[editar | editar a fonte]

Equipo Nome da Traiñeira Localidade Provincia
Club de Remo Ares Solid white.svgSolid blue.svg "Santa Olalla de Lubre" Ares A Coruña Galicia
Club de Remo Cabo da Cruz Solid red.svgSolid red.svg "Cabo da Cruz" Cabo de Cruz (Boiro) A Coruña Galicia
Sociedade Deportiva Tirán Solid blue.svgSolid blue.svg “Pereira” Tirán (Moaña) Pontevedra Galicia
Sociedad Deportiva de Remo Astillero Solid blue.svgSolid blue.svg “San José XIV” El Astillero Cantabria Flag of Cantabria.svg
Sociedad Deportiva de Remo Kaiku Solid black.svgSolid green.svg “Bizkaitarra” Sestao Biscaia Flag of the Basque Country.svg
Ondarroa Arraun Elkartea Solid red.svgSolid red.svg "Antiguako Ama" Ondarroa Biscaia Flag of the Basque Country.svg
Urdaibai Arraun Elkartea Solid blue.svgSolid blue.svg “Bou Bizkaia” Bermeo Biscaia Flag of the Basque Country.svg
Zierbena Arraun Elkartea Solid red.svgSolid white.svg "Zierbena" Zierbena Biscaia Flag of the Basque Country.svg
Pasai Donibane Koxtape Arraun Elkartea Solid pink.svgSolid pink.svg “Erreka” Pasaia Guipúscoa Flag of the Basque Country.svg
Hondarribia Arraun Elkartea Solid green.svgSolid white.svg “Ama Guadalupekoa” Hondarribia Guipúscoa Flag of the Basque Country.svg
Orio Arraunketa Elkartea Solid yellow.svgSolid yellow.svg “Mirotza” Orio Guipúscoa Flag of the Basque Country.svg
Sanpedrotarra Arraun Elkartea Solid purple.svgSolid purple.svg “Libia” Pasaia Guipúscoa Flag of the Basque Country.svg

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Renunciou á Liga ACT por problemas económicos para afrontar os desprazamentos.
  2. Astillero foi expulsado no 2006 da Liga a causa dun suposto caso de dopaxe acontecido o ano anterior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]