Liga Galega de Traiñeiras 2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A edición do ano 2009 da Liga Galega de Traiñeiras (LGT) foi a cuarta tempada disputada da segunda categoría de clubs de remo xunto coa Liga ARC e xusto por debaixo da Liga ACT. Esta edición estivo formada por 14 clubs, dous menos que na edición anterior, tódolos clubs foron galegos. O campión desta edición foi o Cabo da Crua de Cabo de Cruz (Boiro), converténdose no primeiro equipo da Provincia da Coruña en gañar esta competición, aínda que non conseguiu o ascenso á máxima categoría do remo en banco fixo, a Liga ACT. A Liga constou de 15 regatas que se disputaron entre o 14 de xuño coa disputa da IV Bandeira Concello de Muros en Esteiro-Muros e o 30 de agosto coa disputa da última regata da Liga, a XV Bandeira do Concello de Vigo en Vigo.

Clubs participantes[editar | editar a fonte]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Posoción Equipo Puntos Diferenza
1 C.R. Cabo da Cruz 181
2 Muros - R.C. Náutico de Vigo 174 +7
3 C.R. Mecos 171 +10
4 C.R. Chapela 171 +10
5 C. Regatas Salgado-Perillo 167 +14
6 Amegrove-Interrías C.R. 151 +30
7 C.R. Vilaxoán 103 +78
8 C.R. Ares 92 +89
9 C.R. A Cabana 89 +92
10 A.D. Esteirana 83 +98
11 C.R. Puebla 83 +98
12 C.R. Vila de Cangas 62 +119
13 C.R. Coruxo 27 +154
14 C.R. Rianxo 20 +161
Campión
C.R. Cabo da Cruz

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]