Club Remo Chapela
Club Remo Chapela | |
---|---|
Tipo | club de remo |
Deporte | remo |
Data de fundación | 1984 |
Localización | |
Enderezo | Camiño Laredo Abaixo, 24 |
En | Redondela |
País | Galicia |
42°15′59″N 8°40′32″O / 42.266291944444, -8.67546 | |
Na rede | |
http://www.crchapela.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Club de Remo Chapela é un club de remo da parroquia de Chapela, no concello pontevedrés de Redondela. Actualmente compite na Liga Noroeste de Traiñeiras. A súa traiñeira recibe o nome de Arealonga.
Historia
[editar | editar a fonte]Non se coñece con exactitude a data de fundación do club. Porén, a primeira participación coñecida do equipo redondelán remóntase ao ano 1933, durante a II República, cando participou nunha regata organizada polo Club Marítimo de Vigo baixo o nome de Club San Fausto de Chapela. No ano 2007, mentres competía no trofeo da Bandeira Teresa Herrera, disputada nas augas entre a Praia do Orzán e a Praia de Riazor, na Coruña, a embarcación de Chapela foi esnaquizada polas ondas por mor do mal tempo, co resultado de 5 remeiros feridos.[1] Asemade, o club organiza nas augas de Chapela, nas proximidades da praia de Arealonga a Bandeira Concello de Redondela.[2] Actualmente participa na Liga Noroeste de Traiñeiras e participou en varias ocasións na Bandeira da Concha.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Los remeros de Chapela salvan sus vidas tras partirse en dos su trainera Noticia no xornal La Voz de Galicia (es)
- ↑ Anecdotario Redondelán Arquivado 10 de outubro de 2014 en Wayback Machine. Anecdotario redondelán: remo.