Club de Remo Rianxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Club de Remo Rianxo é un club de remo do concello coruñés de Rianxo. Actualmente compite na segunda categoría da Liga Galega de Traiñeiras, denominada LGT-A.

Historia[editar | editar a fonte]

O Club de Remo de Rianxo foi fundado en 1982, herdando e continuando a tradición de remo do concello. Inicialmente o club empregou as instalacións da lonxa, pasando anos máis tarde ao edificio no que se encontra actualmente a súa sede no porto e que conta con ximnasio e foxo de adestramento.

Pódese falar de dúas etapas na historia do club: a primeira ata o ano 1989, e a segunda de 1993 en diante, non tendo actividade entre estes dous anos.

Na primeira etapa destaca o 5º posto acadado na Bandeira El Corte Inglés e o 4º na Bandeira Conde de Fenosa. Xa na segunda etapa salientan os resultados obtidos no ano 2000, cun 3º posto na Bandeira Conde de Fenosa e outro 3º posto no Campionato Galego de Traiñeiras, que xunto coa súa primeira clasificación para o Campionato de España (no que conseguiu o 6º posto), que son os mellores resultados conseguidos na historia do club. Ese mesmo ano o club conseguiu a Bandeira Deputación da Coruña.

O 2001 supuxo a confirmación do club, conseguindo un 2º posto na Bandeira Deputación da Coruña, a 4ª posición na Bandeira Condesa de Fenosa, e un 5º posto na Bandeira Xunta de Galiza.

Froito do traballo dos últimos anos coa canteira, o club conseguiu alzarse coa Bandeira de España en categoría de cadetes na modalidade de bateles. Tamén participou no Campionato de llaüt do Mediterráneo celebrado en Dénia (Alacant), conseguindo a medalla de bronce. No 2011 conseguiu por mediación do equipo xuvenil unha nova Bandeira de España e participaron no Campionato de España de Traineriñas, chegando á final.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]