Susana Garabatos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSusana Garabatos
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1979 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnadadora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportenatación Editar o valor em Wikidata
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996 Editar o valor em Wikidata

Susana Garabatos Rodríguez, nada en Vigo o 8 de marzo de 1979, é unha ex-nadadora galega. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A cidade de Vigo ós seus atletas.[1]

Comezou a nadar no seu colexio, o Rosalía de Castro, ata que se fixou nela o adestrador do Real Club Náutico de Vigo.[2] Como membro deste club, no que nadaron tamén os seus tres irmáns, proclamouse en 1991 subcampioa de España júnior nos 100 metros libres e ao ano seguinte gañou un ouro no Meeting de Luxemburgo, na súa primeira participación internacional coa selección española.[2] En 1993 marchou a Málaga, cunha bolsa para se preparar nun centro de alto rendemento. En 1995 quedou quinta no Campionato de Europa, na proba de remudas 4x100 metros libres.[2]

En 1996, con 17 anos, converteuse na primeira nadadora galega feminina en participar nuns Xogos Olímpicos.[2] Fíxoo na proba de remudas 4x100 estilo libre, xunto a Blanca Cerón, Fátima Madrid e Claudia Franco, e rematou na 14ª posición.[3] Tralos Xogos tivo uns anos de menos rendemento, aínda que volveu competir internacionalmente, e en 2004 deixou a competición.[2][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Brazadas excepcionales" (en castelán). 16 de xaneiro de 2012. Consultado o 13 de agosto de 2021. 
  3. "Resultados Atlanta 1996" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2021. 
  4. "Moya: «En Vigo empecé a competir en motor y ahora en natación»". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de agosto de 2008. Consultado o 13 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]