Liga ACT 2012
| Tipo | Liga San Miguel |
|---|---|
| Deporte | remo |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Número de edición | 10 (2012) |
A tempada 2012 da Liga ACT foi a 10ª edición do campionato de traiñeiras do Cantábrico, creado en 2003 pola Asociación de Clubs de Traiñeiras. Esta tempada comezou o 9 de xuño do 2012 coa "IV Bandeira de Bilbao", e rematou o 15 de setembro en Bermeo.
A liga contou con 18 bandeiras, cada unha das cales repartiu 12 puntos para o gañador, 11 para o segundo, 10 para o terceiro, 9 para o cuarto, 8 para o quinto, 7 para o sesto, 6 para o sétimo, 5 para o oitavo, 4 para o noveno, 3 para o décimo, 2 para o undécimo e 1 para o último.
Unha das novidades máis salientables desta tempada foi a ausencia por vez primeira de Orio na máxima competición, tralo último posto acadado na anterior edición da liga.
Clasificación
[editar | editar a fonte]
| |||||||||||||||
| Equipo | Puntos | Vitorias | Localidade | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 188 | 10 | Sestao | ||||||||||||
| 2 | 176 | 8 | Hondarribia | ||||||||||||
| 3 | 157 | 1 | Bermeo | ||||||||||||
| 4 | 152 | 0 | Moaña | ||||||||||||
| 5 | 138 | 0 | Pasaia | ||||||||||||
| 6 | 125 | 0 | Pasaia | ||||||||||||
| 7 | 81 | 0 | El Astillero | ||||||||||||
| 8 | 72 | 0 | Castro Urdiales | ||||||||||||
| 9 | 64 | 0 | Portugalete | ||||||||||||
| 10 | 58 | 0 | Pedreña | ||||||||||||
| 11 | 48 | 0 | Zumaia | ||||||||||||
| 12 | 30 | 0 | Zierbena | ||||||||||||
| Kaiku proclamouse campión por segunda vez.
O debutante Zierbena perdeu a categoría. Orio ascendeu. | |||||||||||||||
Actualizado 2 de xullo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Táboa de resultados da liga Arquivado 01 de novembro de 2012 en Wayback Machine.
- Clasificación da liga Arquivado 27 de xullo de 2012 en Wayback Machine.