Saltar ao contido

Armando González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArmando González
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1931 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de decembro de 2022 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncoxswain (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deporteremo Editar o valor en Wikidata
Participou en
1960rowing at the 1960 Summer Olympics – men's coxed four (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Olympic.org: armando-gonzalez Editar o valor en Wikidata

Armando González González, nado en Vigo o 8 de agosto de 1931 e finado na mesma cidade o 7 de decembro de 2022, foi un remeiro galego. Participou nos Xogos Olímpicos de 1960 en Roma.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
A cidade de Vigo ós seus atletas.[1]
Necrolóxica de Armando González no Faro de Vigo.

Foi remeiro do Real Club Náutico de Vigo e en 1960, despois de proclamarse campión de España no Lago de Banyoles, foi seleccionado para disputar os Xogos Olímpicos de Roma.[2] Participou na proba de catro con temoneiro, celebrada no Lago Albano, actuando como temoneiro xunto aos seus compañeiros do Náutico Franco Cobas, José Luis Méndez, Emilio García Bengoechea e Alberto Valtierra. Remataron de últimos tanto na súa manga dos cuartos de final, como na da repesca, sendo o ouro para o Equipo Alemán Unificado.[3]