Alberto Valtierra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alberto Valtierra
Nacemento19 de setembro de 1931
Lugar de nacementoVigo
Falecemento15 de febreiro de 2013
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónremeiro
editar datos en Wikidata ]

Alberto Valtierra Martínez, nado en Vigo o 19 de setembro de 1931 e finado en Madrid o 15 de febreiro de 2013, foi un remeiro galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1960, na proba de catro con temoneiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A cidade de Vigo ós seus atletas.[1]

Foi remeiro do Real Club Náutico de Vigo e en 1960, despois de proclamarse campión de España no Lago de Banyoles, foi seleccionado para disputar os Xogos Olímpicos de Roma.[2] Participou na proba de catro con temoneiro, celebrada no Lago Albano, xunto aos seus compañeiros do Náutico Franco Cobas, José Luis Méndez e Emilio García Bengoechea, con Armando González como temoneiro. Remataron de últimos tanto na súa manga dos cuartos de final, como na da repesca, sendo o ouro para o Equipo Alemán Unificado.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]