Saltar ao contido

Club de Remo Coruxo

 Club de Remo Coruxo
Imaxe
 Instancia de
Deporte
 Deporte
 Liga
Datas
 Fundación / creación
1989 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
Carretera Cánido, s/n. Finca Mirambell Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Código postal36390 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: Club-de-Remo-Coruxo-1396287697302605 Editar o valor en Wikidata
Wikidata
Traiñeira de Coruxo na Bandeira Teresa Herrera da Coruña en 2019.

O Club de Remo Coruxo é unha entidade deportiva da parroquia de Coruxo (Vigo) adicada á práctica do remo. A entidade foi fundada en 1989 e actualmente compite na División A da Liga Galega de Traiñeiras (LGT).

O Club de Remo Coruxo fundouse en 1989 como sección do Centro Cultural Recreativo Artístico de Coruxo nunha nave cedida por Guillermo Rey no porto de Canido, iniciando a súa actividade cun grupo de mozos da zona.

Posteriormente trasladou a súa sede a unha nave na Finca Mirambel, onde a instalación foi acondicionada para albergar o ximnasio, os vestiarios, un foxo de remo; e para gardar as embarcacións.

Nas últimas tempadas o club clasificouse en moitas ocasións para a disputa de diversos campionatos tanto a nivel nacional como estatal, acadando resultados importantes tanto en banco fixo como móbil, especialmente neste último co subcampionato de España cadete en 2002.

A traiñeira do club ten participado en tódalas edicións da Liga Galega de Traiñeiras, sendo o seu mellor resultado o 1º posto acadado na tempada 2014.

Actualmente conta con: dúas traiñeiras Fontaíña, dúas traiñeiriñas A Calzoa; e os bateis: Foz, Fuchiño, "Baularte", "O Vao" e Coruxo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]