Sociedade Deportiva Tirán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
S.D. Tirán
Bandera de la Concha 2016 - Tirán 07.jpg
CidadeTirán
Moaña Moaña
Galicia Galicia
Historia1993
Fundado1993
PresidenteGalicia Jose Manuel Lobera Casás
AdestradorGalicia Benji Vázquez
PatrónGalicia Carlos Ríos
Galicia Pablo Herves
CompeticiónLiga ACT
Títulos
Campionato de España de Traiñeiras3 (1961, 1996, 1997)
Campionato Galego de Traiñeiras10 (1989, 1995, 1996, 1997, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2017)
LGT-A2 (2007, 2020)
Embarcación e cores
EmbarcaciónMar do Con
Cores          Azul mariño e azul claro
Sitio web
Sitio web oficial

A Sociedade Deportiva Tirán é un club de remo da parroquia de Tirán, no concello de Moaña (Pontevedra). Foi fundado en 1993 trala fusión dos dous clubs de remo da parroquia.

Historia[editar | editar a fonte]

A parroquia de Tirán desenvolveu unha gran tradición de remo a mediados do século XX, materializándose na vitoria en 1961 no Campionato de España de Traiñeiras.[1] A partir dos anos 70 o remo revitalizouse en Galicia e fundáronse na parroquia dous equipos: o Club de Remo San Xoán de Tirán e Nosa Señora Dos Remedios de Tirán. Estes dous clubs uníronse en 1993 dando lugar á Sociedade Deportiva Tirán.

O novo club gañou en 1996 e 1997 dous novos Campionatos de España de Traiñeiras e quedou segundo na Bandeira da Concha de 1996.[2] Durante eses anos converteuse no principal club galego, rivalizando coa Sociedade Deportiva Samertolameu, da veciña parroquia de Meira.

En 2003 foi un dos equipos fundadores da Liga ACT, pero na segunda tempada descendeu á Liga Noroeste de Traiñeiras. Despois de varios anos en dita categoría, gañou a liga galega no 2007 e ascendeu de novo á liga ACT. Foi subindo postos na clasificación ano a ano e na tempada 2011 fixo historia ao conseguir a súa primeira bandeira na Liga ACT ao impoñerse na XXI Bandeira de Orio,[3] converténdose no terceiro equipo galego en gañar unha bandeira da máxima competición xunto con Mecos (dúas bandeiras) e Club de Remo Cabo da Cruz (unha bandeira). Esa mesma tempada, a traiñeira de Moaña acadou a súa mellor clasificación na Liga ACT até ese momento ao finalizar na 5ª posición, marca que superou ao ano seguinte ao rematar no 4º lugar, ano no que ademais quedaron en terceira posición na Bandeira da Concha.[4]

O club mantívose durante os anos seguintes na parte media da táboa ata que en 2018 quedou no último lugar da táboa, descendendo á liga galega por un só punto.[5][6] En 2019 rematou en segundo lugar por detrás do Club de Remo Ares e disputou a promoción de ascenso, pero sen acadar o obxectivo de volver á ACT. En 2020 gañou a Liga Galega de Traiñeiras, cun empate a puntos con Samertolameu.[7]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais[editar | editar a fonte]

Títulos rexionais[editar | editar a fonte]

Bandeiras[editar | editar a fonte]

Liga ACT[editar | editar a fonte]

Bandeiras galegas[editar | editar a fonte]

Outras bandeiras fóra de Galicia[editar | editar a fonte]

Participacións de Tirán nas ligas ACT e LGT
Categoría 2020 2019 2018 2017 2016 2015 2014 2013 2012 2011 2010 2009 2008 2007 2006 2005 2004 2003
Liga ACT 12º 10º 12º 10º
Liga LGT
Vitorias 4 1 2 1 1 0 0 0 12 1 0 0 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Historia da Sociedade Deportiva Tirán". www.tiranpereira.com. Consultado o 24 de agosto de 2020. 
  2. "Galicia modificó la historia" (en castelán). 16 de setembro de 2009. Consultado o 24 de agosto de 2020. 
  3. "Tirán hace historia y gana la Bandera de Orio". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-04-18. 
  4. "Kaiku se exhibe y conquista la Bandera de la Concha". EITB (en castelán). 9 de setembro de 2012. Consultado o 24 de agosto de 2020. 
  5. "Traiñeiras: Tirán despídese da ACT e Meira gaña a Liga Galega". Nós Diario. 27 de agosto de 2018. Consultado o 24 de agosto de 2020. 
  6. García Calvo, Lorena (26 de agosto de 2018). "Tirán desciende por un punto". La Voz de Galicia. Consultado o 24 de agosto de 2020. 
  7. "Tirán gaña a Liga Galega de Traiñeiras cos mesmos puntos que Samertolameu". CRTVG. 23 de agosto de 2020. Consultado o 24 de agosto de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]