José Manuel Bermúdez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non confundir con José Manuel Bermúdez García (Cangas do Morrazo, 1912), futbolista.

Infotaula de personaJosé Manuel Bermúdez
Biografía
Nacemento(es) José Manuel Bermúdez García Editar o valor em Wikidata
22 de febreiro de 1958 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónremeiro , adestrador de remo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRemo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1992rowing at the 1992 Summer Olympics – men's quadruple sculls (en) Traducir
1988rowing at the 1988 Summer Olympics – men's double sculls (en) Traducir
1984rowing at the 1984 Summer Olympics – men's coxed pair (en) Traducir
1980rowing at the 1980 Summer Olympics – men's coxed four (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

José Manuel Bermúdez García, nado en Vigo o 22 de febreiro de 1958, é un remeiro e adestrador galego. Competiu en catro Xogos Olímpicos (Moscova 1980, Os Ánxeles 1984, Seúl 1988 e Barcelona 1992), conseguindo dous diplomas olímpicos e un cuarto posto como mellor resultado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a practicar remo aos 13 anos no Real Club Náutico de Vigo,[1] co adestrador Arturo Abruñedo,[2][3] e en 1973 proclamouse campión de España de skiff na categoría cadete, revalidando o título ao ano seguinte.[4] Posteriormente fichou polo Club Natació Banyoles e en 1976 entrou na historia do remo español ao conseguir no Campionato do Mundo de Remo Xuvenil celebrado na cidade austríaca de Villach, a primeira medalla dun remeiro español nun campionato mundial, europeo ou olímpico. Fíxoo no dobre scull, xunto ao catalán Salvador Vergés, obtendo a medalla de bronce por detrás dos equipos da Alemaña Oriental e da Alemaña Occidental.[5]

En 1977 proclamouse campión de España de dous con temoneiro, facendo parella con Vergés, e campión tamén en oito con temoneiro.[6] Ese mesmo ano disputou en Ámsterdam o seu primeiro Campionato do Mundo absoluto, no cúadruplo scull xunto a Vergés, Juan Solano e José Luis Corta, quedando ás portas das medallas ao obter a cuarta praza na final, por detrás das embaracións da RDA, Checoslovaquia e Bulgaria.[7][8]

A cidade de Vigo ós seus atletas.[9]

Durante a seguinte década e media continuou sumando éxitos nacionais ata acadar a cifra de 19 títulos de campión de España (catro veces campión de dous con temoneiro, nove veces campión de oito con temoneiro, dúas veces campión de catro con temoneiro, dúas veces campión de cuádruplo scull, unha vez campión de dobre scull e unha vez campión de dous sen temoneiro).[6]

En 1980 disputou os seus primeiros Xogos Olímpicos, en Moscova. Participou na proba de catro con temoneiro, xunto a Vergés, Isidro Martín e Luis Lasúrtegui, e con Javier Sabriá no temón, e acadou a vitoria nas semifinais, logrando o pase directo á final. Nesta, estivo a piques de lograr unha medalla, pois acabou na cuarta praza, a catro segundos do barco polaco, que acabou terceiro. A proba foi gañada polo barco da RDA, mentres que na segunda posición acabou a Unión Soviética.[10] Na seguinte cita olímpica, Os Ánxeles 1984, participou na modalidade de dous con temoneiro, con Vergés e Sabriá, pero non conseguiu meterse na final, quedando no 10º posto.[11]

Nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl, remou xunto ao sevillano Manuel Vera no dobre scull, chegando ata semfiinais. Non conseguiu o pase á final principal, pero si á final B, onde logrou a vitoria e con ela o sétimo posto e o seu segundo diploma olímpico.[12] Catro anos despois competiu nos seus cuartos Xogos Olímpicos, en Barcelona 1992, esta vez no cuádruplo scull xunto a José Antonio Rodríguez, Melquíades Verduras e Bruno López, acadando de novo a final B, e o décimo posto total.[13]

Posteriormente acudiu como adestrador do equipo español de remo a dous Xogos Olímpicos máis.[2] En 2013, sendo adestrador do Club Natació Banyoles, foi acusado de abusos sexuais a unha alumna do club, menor de idade,[14] sendo condenado en 2016 a catro anos de cárcere.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bermúdez, una promesa realidad". El Pueblo Gallego (en castelán) (18437). 13 de xuño de 1974. p. 17. Consultado o 9 de agosto de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Todo un remero indómito" (en castelán). 5 de marzo de 2012. Consultado o 9 de agosto de 2021. 
  3. "Cuarenta años como maestro" (en castelán). 7 de xuño de 2021. Consultado o 9 de agosto de 2021. 
  4. "El vigués José Manuel Bermúdez renovó su titulo nacional en «sklffs»". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de agosto de 1974. p. 35. 
  5. "España, en doble-scull, medalla de bronce". El Pueblo Gallego (en castelán) (18810). 17 de agosto de 1976. p. 18. Consultado o 9 de agosto de 2021. 
  6. 6,0 6,1 "Campionatos de España de Remo" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2021. Consultado o 9 de agosto de 2021. 
  7. "Campionato do Mundo de 1977". Federación Internacional de Sociedades de Remo (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2021. 
  8. "Gran hazaña del remo español". El Pueblo Gallego (en castelán) (20137). 9 de setembro de 1977. p. 19. Consultado o 9 de agosto de 2021. 
  9. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016. 
  10. "Proba de catro con temoneiro en Moscova 1980". olympedia.org (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2021. 
  11. "Proba de dous con temoneiro nos Ánxeles 1984". olympedia.org (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2021. 
  12. "Dobre scull nos Xogos Olímpicos de 1988". olympedia.org. Consultado o 9 de agosto de 2021. 
  13. "Cuádruplo scull nos Xogos Olímpicos de 1992". olympedia.org (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2021. 
  14. "El olímpico vigués Manuel Bermúdez, acusado de cometer abusos sexuales". Faro de Vigo (en castelán). 14 de xuño de 2013. Consultado o 9 de agosto de 2021. 
  15. "Quatre anys de presó per al banyolí Manuel Bermúdez per abusar d'una menor" (en catalán). 4 de agosto de 2016. Consultado o 9 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]