Club de Remo A Cabana
| Club de Remo A Cabana | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||
|
Deporte
| |||||||||
| Datas | |||||||||
| |||||||||
| Localización | |||||||||
| |||||||||
| Identificadores | |||||||||
| |||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||
| Wikidata | |||||||||
O Club de Remo A Cabana é un club de remo da Cabana (Ferrol). Compite na Liga Galega de Traiñeiras.
Historia
[editar | editar a fonte]A paixón polo remo na Cabana naceu dun grupo de amigos que adoitaban organizar regatas nas coñecidas bucetas. Pouco a pouco esta paixón foi medrando e remeiros da Cabana comezaron a desprazarse a Redes e Mugardos para poder practicar o remo con verdadeiras embarcacións de competición. Finalmente, en 1982 fundouse a agrupación co nome de Club de Remo La Cabana, coa axuda dos clubs de Redes e Mugardos e baixo a presidencia nos seus primeiros anos de Antonio Bruquetas Sierra.
Os anos 1983, 1984 e 1985 foron moi importantes para o club, xa que se fixo o primeiro batel preparado para competir, o Albatros, e mercou a súa primeira traiñeira, de segunda man ao C.R. Cabo da Cruz, á que chamaron Eiroa, tamén nestes anos o club trasladouse a un novo local coincidindo co inicio da actividade en banco móbil. A década de 1990 estivo marcada polo troco de presidente, pasando a presidir a entidade Fernando Arias López.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio do CR A Cabana
- Información do club na web da LGTArquivado 19 de xullo de 2009 en Wayback Machine.
