Club de Remo Ares
| Club de Remo Ares | |
|---|---|
| Cidade | |
| Fundado | 1958 |
| Presidente | |
| Adestrador | |
| Patrón | |
| Competición | Liga ACT |
| Títulos | |
| LGT-A | 2 (2016, 2019) |
| Embarcación e cores | |
| Embarcación | Santa Olalla de Lubre |
| Cores | Azul |
| Sitio web Sitio web oficial | |
O Club de Remo Ares é un club deportivo galego do concello de Ares, fundado en 1958. Disputa regatas en todas as categorías e modalidades de banco fixo, bateis, trainerillas e traiñeiras, e tamén en banco móbil. Ao longo da súa historia acadou tres medallas de ouro no Campionato de España de Remo Olímpico e dúas no Campionato de España de Bateis. Ademais gañou dúas veces a Liga Galega de Traiñeiras e dende 2019 compite na Liga ACT.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado na Cofraría de Pescadores de Ares o 9 de decembro de 1958, por Francisco López Sánchez "Pancho", que foi ademais o seu primeiro presidente.[1] En 1959 participou nas súas primeiras competicións de bateis e traiñeiras, disputando entre outros o Campionato de España de Traiñeiras celebrado na Coruña coa traiñeira Ana María.
Tras 20 anos sen participar en competicións de traiñeiras, volveu facelo en 1984 e desde entón participa todos os anos en competicións desta especialidade.[1] En 2016 gañou a Liga Galega de Traiñeiras e puido ascender á Liga ACT, a máxima división de remo en banco fixo.[2] Tras descender en 2017 logrou un novo ascenso en 2019.[3][4]
Un dos seus remeiros, Horacio Allegue, participou nuns Xogos Olímpicos, en Barcelona 1992.[1]
Resultados
[editar | editar a fonte]| Ano | Liga | Posto | C. Esp | Concha | C. Gal | Adestrador |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 2004 | Liga Galega A | 9° | ||||
| 2005 | Liga Galega A | 5º | 8º | |||
| 2006 | Liga Galega A | 7° | ||||
| 2007 | Liga Galega A | 11º | ||||
| 2008 | Liga Galega A | 7° | ||||
| 2009 | Liga Galega A | 8º | ||||
| 2010 | Liga Galega A | 10° | ||||
| 2011 | Liga Galega A | 9º | ||||
| 2012 | Liga Galega A | 8º |
||||
| 2013 | Liga Galega B | 1° |
8º | |||
| 2014 | Liga Galega A | 5° | 7º | |||
| 2015 | Liga Galega A | 3º | 7º | |||
| 2016 | Liga Galega A | 1° |
5º | |||
| 2017 | Liga ACT | 11º |
5º | |||
| 2018 | Liga Galega A | 2º | 2º | |||
| 2019 | Liga Galega A | 1º |
2º | |||
| 2020 | Liga ACT | 10º | 4º | |||
| 2021 | Liga ACT | 9º | 8º | 2º |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Historia do Club de Remo Ares" (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2021.
- ↑ Valencia, José (19 de setembro de 2016). "La trainera de Ares logra un histórico ascenso a la liga ACT". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2021.
- ↑ Ramajo, Roberto (17 de setembro de 2017). "Donostiarra sube al cielo". Cadena SER (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2021. Consultado o 24 de setembro de 2021.
- ↑ "Ares ascende á ACT". CRTVG. 16 de setembro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2021.