Saltar ao contido

MACBA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MACBA
Edificio do MACBA
Coordenadas
Na rede
https://www.macba.cat/ca, https://www.macba.cat/en e https://www.macba.cat/es
Facebook: MACBA.Barcelona Twitter: MACBA_Barcelona Instagram: macba_barcelona LinkedIn: museu-d'art-contemporani-de-barcelona-macba- Youtube: UC7EpXvOmtAUMKbjR9CnniQw Flickr: macba BNE: XX151499 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Museo de Arte Contemporánea de Barcelona (en catalán Museu d’Art Contemporani de Barcelona), coñecido tamén polas súas siglas MACBA, está adicado basicamente á exposición de obras realizadas durante a segunda metade do século XX. Atópase no barrio do Raval na cidade de Barcelona (España), moi preto do Centro de Cultura Contemporánea.

A idea de establecer na cidade un museo destas características débese ao escritor e crítico de arte Alexandre Cirici-Pellicer quen, en 1959, comezou a reunir unha colección de obras. Cirici contou coa axuda doutros afeccionados á arte que contribuíron na ampliación da colección. Realizaron diversas exposicións itinerantes con obras de artistas da época. A mostra A arte e a paz, celebrada en 1963 e que tiña un claro contido antifranquista, supuxo o final da idea de Cirici. A colección ata entón recompilada depositouse no Museo Víctor Balaguer.

A idea non foi recuperada ata 1985. Creouse un consorcio do que formaban parte o Concello de Barcelona e a Generalitat de Cataluña e decidiuse situar o novo museo na antiga Casa da Caridade. A idea quedou novamente freada ata que en 1986, o por entón alcalde de Barcelona, Pasqual Maragall, encargou a construción dun novo edificio para que fose sede do futuro museo. En 1987 constituír a Fundación Museo de Arte Contemporánea, de carácter privado, que se uniu ao consorcio formado polas dúas administracións públicas. O MACBA abriu as súas portas o 28 de novembro de 1995.

A construción da que sería a sede do museo encargouse ao arquitecto norteamericano Richard Meier. O edificio proxectado por Meier pretende unir a arte contemporánea exposta no interior coas formas históricas dos edificios lindeiros. A entrada ao MACBA dá acceso a un vestíbulo de forma cilíndrica desde o que se acceden, por medio dunhas ramplas, ás diferentes galerías nas que se realizan as exposicións. A utilización da cor branca, complementada polo uso de claraboias de cristal e de materiais reflectores, fai que o edificio dispoña dunha especial luminosidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]