Ámbito metropolitano de Barcelona
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Cataluña | |||
| Provincia | provincia de Barcelona | |||
| Contén a división administrativa | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 5.727.615 (2022) | |||
| Lingua oficial | lingua catalá lingua castelá | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 7.726,36 km² | |||

O Ámbito metropolitano de Barcelona (en catalán: Àmbit metropolità de Barcelona) é un dos oito ámbitos funcionais territoriais (AFT) definidos no Plan territorial xeral de Cataluña, para un hipotético desenvolvemento da Comunidade Autónoma en vigairías.
É unha área xeográfica de alta densidade de poboación situada no centro-leste de Cataluña, ao redor da capital da comunidade autónoma. Segundo a definición oficial desta veguería, a súa poboación a 1 de xaneiro de 2010 era de 5.012.961 habitantes, nunha superficie de 3.236 km² e cunha densidade de poboación de 1.549 hab/km².[1] Trátase dunha definición máis extensa da área metropolitana de Barcelona.
Intégrano as comarcas de Alt Penedès, Baix Llobregat, Barcelonès, Garraf, Maresme, Vallès Occidental e Vallès Oriental, é dicir, o conxunto formado pola cidade de Barcelona e a súa área de influencia en termos económicos e de mercado de traballo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IDESCAT. 2009. Padrón municipal de habitantes (en catalán)
