A idea de facer un Museo do Barça, foi unha idea que xa tivo entre os anos vinte e trinta, Joan Gamper, fundador do club. Finalmente con todo, non foi ata as Festas da Mercè de 1957, cando se inaugurou. O museo ocupa unha superficie de 3.500 metros cadrados. Ademais dos trofeos, o museo ofrece audiovisuais en varios idiomas que explican a historia do club, e todo tipo de obxectos relacionados co equipo, xogadores e a masa social.
En 2000, durante a presidencia de Joan Gaspart i Solves, pasouse a chamar Museu President Núñez, na honra do expresidente Josep Lluís Núñez, fundador do museo.
Ademais dos obxectos relacionados coa historia do Futbol Club Barcelona, o Museo tamén conta cunha gran cantidade de obras artísticas de temática deportiva dalgúns artistas cataláns, como Salvador Dalí, Joan Miró, Antoni Tàpies, Josep Segrelles ou Josep Maria Subirachs.
Ademais, o museo ten en exposición permanente a Colección Futbolart, propiedade de Pablo Ornaque, e considerada unha das melloras coleccións privadas do mundo sobre o fútbol, con obxectos de todo tipo, algúns dun valor incalculable.
En 2007 o museo alcanzou a súa cifra récord de visitas anuais, chegando a un total de 1.397.574 visitantes.
No ano 2010 o museo realizou cambios moi destacados, adaptándose ao século XXI cun gran número de seccións audiovisuais, no chamado "Camp Nou Experience". A mañá do 9 de setembro do mesmo ano, rexistrou a cifra de 20 millóns de visitas nos 26 anos de existencia do museo. A afortunada recibiu a benvida do presidente Sandro Rosell, unha camiseta conmemorativa, un vale de agasallo de 300 euros por á tenda do Barça, e a posibilidade de pisar o céspede do Camp Nou.