Río Llobregat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Llobregat
PaísEspaña
Lonxitude170 km
Caudal medio20,77
DesembocaduraMar Mediterráneo
O curso do Llobregat nun vello mapa como Rubricatus fl.

O Llobregat é un dos principais ríos de Cataluña, con 170 km de curso. O seu nome antigo foi transmitido polos romanos como Rubricatus.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Nace en Castellar de n'Hug (Barcelona), en plena Serra del Cadí, e desemboca no mar Mediterráneo en el Prat de Llobregat, preto de Barcelona, formando o delta do Llobregat, o segundo máis extenso de Cataluña. Toda a súa conca está en territorio catalán.

Atravesa a Cordilleira Litoral, alternándose a súa explotación industrial (nos encaixes) coa agrícola (nas chairas). Desemboca formando un vasto delta de 100 km², onde se encontran as instalacións portuarias e aeroportuarias da cidade de Barcelona, así como varias reservas naturais de importancia europea. O percorrido do río modificouse na súa parte final para poder continuar ampliando as zonas dedicadas a loxística do transporte de mercadorías.

Localidades nas beiras[editar | editar a fonte]

No curso medio salienta Manresa e, xa ao comezo do curso baixo, Martorell. Na zona do curso inferior do río sitúanse numerosas poboacións, tradicionalmente agrícolas (que adoitan incluír Llobregat no seu nome), como Sant Boi de Llobregat, Cornellà de Llobregat ou o mesmo El Prat de Llobregat), que viven a perda desta actividade pola forte presión para obter solo de uso industrial.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Os principais afluentes do Llobregat son: