Modernismo catalán
O modernismo catalán ou modernisme é un estilo arquitectónico que se desenvolveu en Cataluña (España) e principalmente en Barcelona, ao longo duns 50 anos, entre 1880 e 1930. Aínda que é parte dunha corrente xeral que xorde en toda Europa, en Cataluña adquire unha personalidade propia e diferenciada, e convértese no modernismo probablemente máis desenvolvido.
Historia
[editar | editar a fonte]A finais do século XIX xorden en Europa tendencias arquitectónicas que rompen cos criterios tradicionais e buscan novas formas de edificaren con miras ao século XX, que dan gran relevancia á estética. Este movemento é consecuencia da Revolución Industrial, que foi arraigando nos diversos países, e dos avances derivados dela, como a electricidade, o ferrocarril e a máquina de vapor, que cambiaron de maneira total a forma de vivir da poboación e orixinaron un crecemento das cidades, nas que se foron establecendo industrias que rexentan un número crecente de burgueses. O modernismo é, pois, un estilo urbano e burgués.
O modernismo rexeita o estilo pouco atractivo da arquitectura industrial da primeira metade do século XIX, e desenvolve novos conceptos arquitectónicos baseados na Natureza, que consisten nos materiais de construción que se empregan, nas formas dos edificios e nas figuras das súas fachadas. Os arquitectos e os seus escultores colocan no exterior dos edificios paxaros, bolboretas, follas e flores a modo de elementos decorativos, xa sexa como figuras encostadas ou como adorno da pedra ou cerámica. Tamén son penduradas figuras de tamaño maior, animais fabulosos ou persoas, e nas cornixas elementos de cerámica de cor. As fiestras e os balcóns dispoñen de reixas de ferro forxado, que son labradas artisticamente e conteñen motivos inspirados na Natureza.
O desenvolvemento do modernismo é fomentado en Cataluña pola burguesía, que se sente catalá e é culta e sensible á arte. Esta burguesía ve nesta nova arquitectura o xeito de satisfacer as súas ansias de modernización, de expresar a súa identidade catalá, e de pór de manifesto de xeito discreto a súa riqueza e a súa distinción.
Arquitectos do modernisme
[editar | editar a fonte]Foron máis de 100 arquitectos os que realizaron edificios de estilo modernista catalán. Destacando entre eles sobre todo tres: Antoni Gaudí, Lluís Domènech i Montaner e Josep Puig i Cadafalch.
O modernismo catalán expandiu a súa influencia noutras zonas de España, que como Cataluña, viviron un gran desenvolvemento económico a comezos do século XX. Destaca neste sentido o modernismo en Cartaxena, fundamentalmente por obra do arquitecto catalán Víctor Beltrí.[1]
Obras modernistas recoñecidas pola UNESCO
[editar | editar a fonte]Algunhas das obras do Modernismo catalán foron catalogadas pola UNESCO como Patrimonio Cultural da Humanidade:
- de Lluís Domènech i Montaner:[2]
- de Antoni Gaudí:[3]
- Parc Güell en Barcelona;
- Palau Güell en Barcelona;
- Fachada da Natividade e cripta no Templo expiatorio da Sagrada Familia en Barcelona;
- Casa Batlló en Barcelona;
- Casa Milá en Barcelona;
- Casa Vicens en Barcelona;
- Cripta da Colonia Güell en Santa Coloma de Cervelló.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Medina, Alberto Piernas (2022-09-23). "Victor Beltrí: el genio modernista que reinventó Cartagena". Architectural Digest (en castelán). Consultado o 2024-08-28.
- ↑ http://whc.unesco.org/en/list/804/multiple=1&unique_number=950 Lista Oficial da UNESCO do sitio "Palau de la Música Catalana e Hospital de Sant Pau, Barcelona" (1997)
- ↑ http://whc.unesco.org/en/list/320/multiple=1&unique_number=364 Lista Oficial da UNESCO do sitio "Traballos de Antoni Gaudí" (1994, 2005)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Art Nouveau
- Arte de Cataluña
- Arte pública de Barcelona
- Barcelona
- Modernismo
- Modernismo valenciano
- Trencadís
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Réseau Art Nouveau Network
- The Vienna Secession Home
- Gaudí e o Modernismo en Cataluña
- Modernismo
- lartnouveau.com
----
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |