Palau de la Generalitat de Catalunya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°22′58″N 2°10′36″L / 41.38278, -2.17667

Palau de la Generalitat

O Palau de la Generalitat (Pazo da Xeneralidade en galego) é a sede da Presidencia da Generalitat de Cataluña e é un dos poucos edificios de orixe medieval en Europa que se mantén como sede do goberno e da institución que o construíu. Encóntrase no distrito de Ciutat Vella da cidade de Barcelona. O edificio está situado entre os límites das rúas do Bisbe, de Sant Sever e de Sant Honorat coa fachada principal na plaça de Sant Jaume fronte á Casa da Cidade de Barcelona.

O primeiro edificio foi comprado en 1400 polo entón presidente Alfons de Tous, e estaba situado na rúa Sant Honorat da antiga xudaría (call). A primeira ampliación, do ano 1416, daba a rúa do Bisbe e foi realizada por Marc Safont, xunto coa capela de Sant Jordi, do mesmo autor, construída no ano 1434.

Pere Blai foi o arquitecto que en 1596 levantou a fachada principal en estilo renacentista da plaça de Sant Jaume, sendo a primeira gran fachada deste estilo arquitectónico en Cataluña. Máis tarde foron adquiríndose e reformándose casas cara á rúa de Sant Sever ata conformar o perímetro descrito anteriormente.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]