Simbolismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O simbolismo é un movemento literario e artístico aparecido en Francia e en Bélxica cara a 1870, en reacción ao naturalismo e en reacción ao movemento parnasiano.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi un dos movementos artísticos máis importantes de finais do século XIX. Nun Un manifeste littéraire ("Un manifesto literario"), publicado en 1886, Jean Moréas definiu este novo estilo: "Inimigo do ensino, a declamación, a falsa sensibilidade, a descrición obxectiva". [1]

A literatura simbolista ten intencións metafísicas, intenta utilizar a linguaxe literaria como instrumento cognoscitivo, polo cal atópase impregnada de misterio e misticismo. Intentaba atopar o que Charles Baudelaire, gran poeta deste movemento [2], denominou "correspondencias", as secretas afinidades entre o mundo sensible e o mundo espiritual. Para iso utilizaban determinados mecanismos estéticos, como a sinestesia.

O simbolismo ruso foi unha corrente principalmente literaria que apareceu en Rusia pouco despois do simbolismo belga e francés, a finais do século XIX primeira década do XX, en certo modo paralelo ao modernismo literario hispano. Brillou na poesía lírica, na teoría da arte e a filosofía. Os principais círculos simbolistas rusos estaban en San Petersburgo e Moscova, nos que participaban Fiódor Sologub, Viacheslav Ivánov e Aleksandr Blok entre outros.

O simbolismo, ademais de Francia, Bélxica e Rusia, tivo influencia tamén na literatura e nas artes do Uruguai, Portugal, Imperio Alemán, Imperio Austrohúngaro, Xeorxia, Armenia, Países Baixos, Reino Unido, etc.

Teimas simbolistas[editar | editar a fonte]

  • A espera de non sabemos que.
  • O tema fúnebre está presente, pero xamais presentado como unha solución inmediata.
  • endormissement, a princesa adormentada. Pero tamén a natureza adormentada, hai moi poucas celebracións primaverais.
  • Silencio, ou mutismo. O silencio é unha virtude en si, leva nel a promesa de volta do anxo, do mensaxeiro.
  • A melancolía
  • A aparencia física é unha parada simple cara a máis alá.
  • Desexo de alteridade.
  • Alusións á relixiosidade.
  • O Misterioso.
  • O Incerto.
  • O Fascinante.
  • O Inconsciente.
  • Correspondencia, analoxía entre as cousas.

Escolma de escritores simbolistas[editar | editar a fonte]

Salammbô (1907) poir Gaston Bussière. O simbolismo literario influíu e foi influído tamén na pintura en autores como Gustav Klimt, Caspar David Friedrich, etc.

Precursores[editar | editar a fonte]

Autores simbolistas[editar | editar a fonte]

Franceses

Franco-uruguaios

Belgas

Neerlandeses

Alemáns e austríacos

Portugueses e brasileiros

Rusos

Serbios

Armenios

Xeorxianos

Polacos

Ingleses e estadounidenses

Romanía

Outros[editar | editar a fonte]

Influencia posterior na literatura en inglés[editar | editar a fonte]

Artistas visuais simbolistas[editar | editar a fonte]

Dramaturgos influídos polo simbolismo[editar | editar a fonte]

Compositores influídos polo simbolismo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Un Manifeste littéraire: Le Symbolisme - The Art and Popular Culture Encyclopedia". www.artandpopularculture.com. Consultado o 2022-03-13. 
  2. "Charles Baudelaire, entre romantisme et symbolisme". www.lumni.fr (en francés). Consultado o 2022-03-13. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]