Antoni Tàpies
Antoni Tàpies i Puig, nado en Barcelona o 13 de decembro de 1923 e finado na mesma cidade o 6 de febreiro de 2012, foi un pintor, escultor e teórico da arte catalán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É un dos principais expoñentes a nivel mundial do informalismo, está considerado como un dos máis destacados artistas ibéricos do século XX. A obra do artista catalán goza dun centro de estudo e conservación na Fundación Antoni Tàpies de Barcelona.
Autodidacta, creou un estilo propio dentro da arte de vangarda do século XX, cun estilo abstracto pero cheo de simbolismo, dando gran relevancia ao substrato material da obra. Cabe destacar o marcado sentido espiritual dado polo artista á súa obra, onde o soporte material transcende o seu estado para significar unha profunda análise da condición humana.
A obra de Tàpies tivo unha gran valoración a nivel tanto nacional como internacional, estando exposta nos máis prestixiosos museos do mundo. Ao longo da súa carreira recibiu numerosos premios e distincións, entre os que cabe destacar o Premio da Fundación Wolf das Artes (1981), a Medalla de Ouro da Generalitat de Cataluña (1983), o Premio Princesa de Asturias das Artes (1990), a Medalla Picasso da Unesco (1993) e o Premio Velázquez de Artes Plásticas (2003). Como recoñecemento á súa traxectoria artística o rei español Xoán Carlos I outorgoulle o 9 de abril de 2010 o título de marqués de Tàpies.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antoni Tàpies |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Escultores de Cataluña
- Pintores de Cataluña
- Pintores do século XX
- Premios Princesa de Asturias das Artes
- Premio Tomás Francisco Prieto
- Nados en Barcelona
- Nados en 1923
- Finados en 2012
- Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes
- Doutores honoris causa pola Universidade Rovira i Virgili
- Doutores honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid
- Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya
- Escultores do século XX
- Escultores do século XXI
- Pintores do século XXI