Saltar ao contido

Serra de Collserola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaSerra de Collserola
(es) Serra de Collserola Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
EpónimoColl de l'Erola (Collserola) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deCordilleiras Costeiras Catalás Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque natural de Collserola Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaÁmbito metropolitano de Barcelona, España e provincia de Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°24′44″N 2°04′26″L / 41.41222, 2.07389
CordilleiraCordilleira Litoral Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude516,2 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Tibidabo Editar o valor en Wikidata  (512 m Editar o valor en Wikidata )
Serra de Collserola vista desde Sant Cugat del Vallès.
Barcelona, coa serra de Collserola en segundo termo.

A serra de Collserola (AFI: /kɔʎsə'rɔlə/) é unha área montañosa e parque periurbano situado na provincia de Barcelona, preto da cidade do mesmo nome. É un dos parques metropolitanos máis grandes do mundo. A maior parte da súa superficie constitúe o Parque Natural da Serra de Collserola dende 2010.

Orixe do nome

[editar | editar a fonte]

O nome de Collserola procede de «Coll (de) s'Erola», denominación arcaica do Coll de l'Erola, paso situado entre o Tibidabo e o Turó de Santa Maria, por onde pasa actualmente a estrada de l'Arrabassada.

Medio natural

[editar | editar a fonte]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O macizo de Collserola é unha prolongación da Cordilleira Litoral catalá. Abarca unha superficie dunhas 11.000 hectáreas. Rodeando o macizo atópanse os vales fluviais dos ríos Besòs e Llobregat, así coma a chaira de Barcelona e a depresión do Vallès.

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]

Mentres que ao norte do Besós predominan os materiais graníticos e ao sur do Llobregat os materiais calcáreos, Collserola está formada principalmente por lousas. Só excepcionalmente atópanse afloramentos doutros materiais, coma as calcarias do Puig d'Olorda, intensamente explotadas para a elaboración de cemento.

Os seus relevos son suaves e de escasa altura. A cima máis alta é o Tibidabo, con 562,2 m de altitude. Outras cimas importantes son o Turó del Puig (477,2 m), o Puig d'Olorda (436,4 m), o Turó de Valldaura (421,3 m), o Turó da Magarola (ou do Maltall) (431 m), Sant Pere Màrtir (389 m) e o Puig Madrona (342 m).

Contén unha ampla variedade de ambientes naturais mediterráneos, predominantemente boscosos, aínda que tamén abundan as formacións de vexetación baixa (maquia).

A formación potencial predominante é o aciñeiral litoral (estrato arbóreo de aciñeira cun segundo estrato arbustivo de viburnum tinus) e, en boa parte da vertente de l'Obac (vertente sombría), o aciñeiral con carballo cerrioide. Con todo, debido á alteración humana (incendios, pasteiro etc.) a maior parte da serra atópase actualmente cuberta por piñeirais de piñeiro branco.

Na vertente máis asollada abundan os prados secos, dominados por gramíneas e onde crecen arbustos coma a genista ou o Daphne gnidium.

Un 6,4% do territorio de Collserola son zonas de cultivo.

A fauna de Collserola é moito máis rica do que cabería esperar nun espazo natural metropolitano, grazas en boa parte á gran diversidade de ecosistemas. O aciñeiral con carballo alberga mamíferos coma o xabaril, a xeneta e o rato. Tamén se atopan outros animais coma o raposo, a donicela, o esquío vermello, o teixugo, o coello e a píntega común. Entre as aves poden mencionarse o ferreiriño abelleiro, o merlo, o paporroibo, o gabián, o azor e a avelaiona. Na maquia abundan diversas especies de papuxa, unha das aves máis características da paisaxe arbustiva mediterránea.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]