Palau Sant Jordi
Palau Sant Jordi | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | pavillón deportivo ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Ocupante | FC Barcelona Bàsquet e Fútbol Club Barcelona ![]() | |||
Propietario/a | Concello de Barcelona ![]() | |||
Arquitecto/a | Arata Isozaki e Mamoru Kawaguchi | |||
Datas | ||||
Fundación | 21 de setembro de 1990 ![]() | |||
Inauguración | 21 de setembro de 1990 | |||
Acontecementos | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 17 000 espectadores | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona | |||
Distrito | Sants-Montjuïc | |||
Montaña | Montjuïc ![]() | |||
Localización | ![]() | |||
Enderezo | Passeig Olímpic, 5-7, 08038 Barcelona ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben integrante do patrimonio cultural catalán | ||||
Id. IPAC | 40647 ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | baloncesto ![]() | |||
Localía | FC Barcelona (ACB) (1990-1992) | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | palausantjordi.barcelona ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Palau Sant Jordi (do catalán: Pazo de San Xurxo) é un recinto cuberto e multifuncional situado na montaña de Montjuïc, en Barcelona , construído con motivo dos Xogos Olímpicos de 1992. Está considerado a xoia do chamado "anel olímpico de Montjuïc", que tamén integran instalacións como o Estadio Olímpico Lluís Companys, a Piscina de Saltos de Montjuïc ou as Piscinas Bernat Picornell.
É a instalación olímpica máis utilizada de Barcelona, xa que acolle todo tipo de acontecementos deportivos, espectáculos musicais e teatrais e encontros sociais. Para acontecementos deportivos ten unha capacidade de 16.670 espectadores sentados (habilitando bancadas no fondo sur, que normalmente carece delas)/delas), mentres que para concertos ten unha capacidade máxima superior aos 24.000 espectadores, aínda que as últimas ordenanzas municipais restrinxen as licenzas de uso a un máximo de 17.960 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]Deseñado polo arquitecto xaponés Arata Isozaki, foi inaugurado o 21 de setembro de 1990, dous anos antes da celebración dos Xogos Olímpicos de Barcelona. Está considerado unha obra mestra da arquitectura e a enxeñaría moderna. A súa estrutura e materiais mecanizados confírenlle unha gran flexibilidade que permite adaptar o recinto para acoller os máis variados acontecementos. O Palau Sant Jordi foi o principal pavillón cuberto dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, acollendo a competición de ximnasia artística así como as finais de balonmán e voleibol.
O Palau Sant Jordi acolle regularmente espectáculos deportivos de todo tipo; tenis coas dúas finais de Copa Davis de 2000 e 2009; baloncesto coa celebración de dúas finais de Euroliga (1998 e 2003) e o Eurobasket en 1997; exhibicións de motocros e trial; así como deportes non habituais de practicar en recintos non especializados como o wíndsurf ou a natación (con motivo do Campionato Mundial de Natación de 2003, celebrado en Barcelona, instalouse unha piscina regulamentaria de 50x25 metros onde se disputaron as principais probas dos campionatos).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]