Carrer de Ferran (ca) Calle de Fernando VII (es) Calle del Duque de la Victoria (es) Calle de Fernando VII (es) Calle Mayor del Duque de la Victoria (es) Carrer de la Llibertat (ca) Calle de Fernando (es) Calle de Fernando VII (es) Calle de Fernando (es) Carrer de Fivaller (ca) Calle de Fernando VII (es)
O carrer de Ferran (Rúa de Fernando) é unha rúa do barrio Gótico de Barcelona, paralelo ao mar, que se converteu nunha das rúas máis emblemáticas da cidade. Dende 1910 enlaza a Rambla coa plaça de Sant Jaume froito dun proxecto do Concello de Barcelona durante a lexislatura de 1820-1823 proxectado polo arquitecto Josep Mas i Vila que pretendía unir a Rambla co Parque da Ciutadella.[1]
Inicialmente, a rúa levaba o nome de Carrer de Ferran VII, que era o rei que reinaba naquela época, pero a partir de 1910 foi rebautizado co nome de Carrer Ferran. Outros nomes da rúa foron Fernando, Fivaller, Fernando VII, Duque de la Victoria e Mayor del Duque de la Victoria.