Saltar ao contido

Museo Nacional de Arte de Cataluña

Museo Nacional de Arte de Cataluña
O Palau Nacional, sede principal do MNAC.
Coordenadas
PaísEspaña España
CidadeBarcelona, Cataluña Cataluña
TipoMuseo de Arte
DirectorJosep Serra i Villalba
Inauguración11 de novembro de 1934
Superficie45.000 m² (total)
12.000 m² (exposición)
Visitantes653 917 (2013)[1]
Na rede
https://www.museunacional.cat/ca e https://www.museunacional.cat/en
Facebook: Museu-Nacional-dArt-de-Catalunya Twitter: MuseuNac_Cat Instagram: museunacional BNE: XX96872 Dialnet: 3202023 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Museo Nacional de Arte de Cataluña (en catalán: Museu Nacional d'Art de Catalunya), tamén coñecido polas súas siglas MNAC, está situado na cidade de Barcelona. Destaca pola súa colección de arte románica, considerada como unha das máis completas do mundo.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O museo naceu en 1990 coa unión das coleccións do Museu d'Art Modern (Museo de Arte Moderna), creado en 1945, e o Museu d'Art de Catalunya (Museo de Arte de Cataluña), inaugurado en 1934. Xunto ás pezas procedentes destes museos vanse engadir unha nova sección de numismática, outra de gravados, así como os fondos da Biblioteca General d'Història de l'Art. Máis tarde, en 1996, xuntouse un novo departamento dedicado á fotografía. En 2006 os fondos do museo posuían case 250.000 obras en diferentes coleccións. Ademais das exposicións permanente e itinerantes, o museo realiza tamén outras funcións como a conservación e restauración de obras de arte.

O MNAC é un consorcio constituído polo Concello de Barcelona, a Deputación de Barcelona e o Ministerio de Cultura. No padroado do museo están representados, ademais das administracións públicas, os particulares e entidades privadas que colaboran co museo.

Das coleccións destaca a dedicada á arte románica. O museo expón unha serie de pinturas murais, que o converten en único no mundo. Tamén se mostran diversas tallas en madeira, pezas de ourivesaría, esmaltes e esculturas en pedra. A maioría das pezas son exemplares da arte románica de Cataluña.

Do período gótico o museo mostra pezas realizadas con diversas técnicas que serven para ilustrar este período histórico en Cataluña. Na sección dedicada ao Renacemento e ao Barroco destaca a colección particular de Francesc Cambó, que foi doada desinteresadamente.

O MNAC acolle desde 2004 obras da colección Thyssen-Bornemisza. Nun principio as obras estiveran no Mosteiro de Pedralbes, mais decidiuse trasladala para facilitar as visitas do público. Móstranse pinturas dos períodos comprendidos entre o gótico e o rococó.

A sede principal atópase situada no Palau Nacional (Pazo Nacional), edificio situado na montaña de Montjuïc, inaugurado en 1929 con motivo da Exposición Internacional celebrada na cidade. Ademais outras tres institucións forman parte do conxunto museístico: a Biblioteca Museu Víctor Balaguer de Vilanova i la Geltrú; o Museu Comarcal de la Garrotxa en Olot; e o Museu Cau Ferrat de Sitges.

O Gabinete Numismático do MNAC

[editar | editar a fonte]

Na década de 1980 adheriuse ao Museo Nacional de Arte de Cataluña o Gabinete Numismático de Cataluña, que, coas coleccións de moedas e medallas procedentes de legados que se foran reunindo desde principios do século XIX, se creara en 1931.[2][3]

O Gabinete permite ao visitante coñecer a traxectoria da fabricación e da circulación monetaria en Cataluña. Custodia exemplares das principais series numismáticas, emitidas desde o século VI a. de C. ata o presente, ata un total de arredor de 100.000 pezas, entre moedas e medallas, número que continúa a aumentar con progresivas doazóns e adquisicións.[4][5] Conta, ademais, cunha excelente biblioteca especializada.[6]

Entre outras federacións e entidades, o museo forma parte da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM).[7]

  1. Ribas Tur, Antoni (3/01/2014). "Visitants a les exposicions i col·leccions de Barcelona". Diari Ara. 
  2. "Gabinet Numismàtic de Catalunya". En Gran Enciclopedia Catalana. L'Enciclopedia.cat.
  3. Mataró, A. "El Gabinete Numismático del MNAC tiene hasta 130.000 piezas diversas". En ABC. 22 de maio de 2006.
  4. Clua, M.; Marot, T. "Adquisicions del Gabinet Numismàtic de Catalunya MNAC". En Butlletí del Museu Nacional d'Art de Catalunya. 1993. Vol I.
  5. Campo, M. "El "Gabinet Numismàtic" de Catalunya en el marco del Museo Nacional d' Art de Catalunya: exhibición y gestión de las colecciones Arquivado 06 de novembro de 2018 en Wayback Machine.". En Boletín del Museo Arqueológico Nacional. Núm. 24-26. 2006-2008. Páxinas 217-222. ISSN: 0212-5544.
  6. "Museu Nacional d'Art de Catalunya. Gabinet Numismàtic de Catalunya". En Catalunya.com.
  7. "Museum members". International Art Medal Federation

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]