Saltar ao contido

Parlamento de Cataluña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parlamento de Cataluña
 Composto por
Escanos
 Número de escanos
135 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Cargo dirixente
 Órgano de prensa
 Presidente/a
Josep Rull i Andreu 10 de xuño de 2024 Editar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Fundación
1932 Editar o valor en Wikidata
 Precedido por
Localización
 Sede
 Xurisdición
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Facebook: parlamentcat Twitter: parlamentcat Instagram: parlamentcat BNE: XX253925 Dialnet: 3132663 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
O Palau del Parlament de Catalunya, sede do Parlament.

O Parlamento de Cataluña (en catalán: Parlament de Catalunya) é o órgano lexislativo da Generalitat de Cataluña, o máximo órgano de goberno catalán.[1] É unha das institucións que forman a Generalitat de Catalunya, xunto coa Presidencia da Generalitat de Cataluña, o Consello Executivo ou Goberno, o Consello de Garantías Estatutarias, o Síndic de Greuges, a Tribunal de Contas e o Consello do Audiovisual de Cataluña.[2] Representa ao pobo de Cataluña e exerce a potestade lexislativa, aproba os orzamentos da Generalitat e controla e impulsa a acción política e de Goberno.

Os primeiros antecedentes da institución remóntanse ó século XI. O Parlamento actual restabeleceuse no ano 1980.[3] A súa composición debe ter entre 100 e 150 deputados,[2] estando formado no presente por 135 deputados, que se elixen por sufraxio universal. As súas sesións celébranse no Palau del Parlament, no Parc de la Ciutadella de Barcelona.

A actual presidenta do Parlamento é Laura Borràs, que tomou posesión do seu cargo o 12 de marzo de 2021 en substitución de Roger Torrent.

Cortes catalás (1283-1714)

[editar | editar a fonte]

Establecidas en 1283, segundo Thomas Bisson, as Cortes catalás foron consideradas polos historiadores o verdadeiro modelo dun parlamento medieval. O historiador do constitucionalismo inglés Charles Howard McIlwain escribiu: "na definición de organización e regularidade de procedemento, nin o parlamento inglés nin os estados franceses poden compararse coas Cortes de Cataluña" do século XIV.

Os primeiros antecedentes da institución parlamentaria catalá remóntanse ao século XI, coas asembleas de Pau i Treva e a Corte Condal. Durante o reinado de Xaime I, a Corte Condal transformouse nas Cortes Xerais de Cataluña, institución que se consolidou nos reinados posteriores. As Cortes Xerais tiñan tres brazos: o brazo militar, que reunía os representantes da nobreza; o brazo eclesiástico, cos representantes da xerarquía relixiosa; e o brazo real, cos representantes dos municipios. Non obstante, amplos sectores da poboación non estaban representados na corte.

No século XIV, das Cortes Xerais xorde un organismo permanente, a Deputación do Xeneral ou Generalitat. Durante os séculos XVI e XVII, esta institución actuou como goberno de Cataluña, defendendo o sistema constitucional ante os monarcas da Casa de Austria, que gobernaban desde Madrid.

No século XVIII, despois da Guerra de Sucesión, o Decreto de Nova Planta aboliu calquera institución catalá de autogoberno.

Mancomunidade de Cataluña (1913-1925)

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Mancomunidade de Cataluña.

Non foi ata principios do século XX cando volveu a instaurarse un órgano de autogoberno catalán, a Mancomunidade de Cataluña (1913-1925), que foi abolida pola ditadura de Miguel Primo de Rivera.

Aínda que tiña soamente funcións administrativas e as súas competencias só abarcaban as deputacións provinciais, adquiriu unha grande importancia política, representando o primeiro recoñecemento por parte do estado español da personalidade e da unidade territorial de Cataluña dende 1714.

Estaba integrada por unha asemblea que reunía os 96 deputados de Cataluña nas Cortes españolas, e polo Consell, formado por oito consellers e o President. A súa acción política estivo rexida polo consenso entre as diferentes orientacións presentes, foran ou non catalanistas.

O Parlament republicano (1932-1939)

[editar | editar a fonte]

En 1931 instituíuse a Generalitat de Cataluña e con ela o Parlament. As primeiras eleccións ao Parlament tiveron lugar o 20 de novembro de 1932 e a sesión constitutiva celebrouse o 6 de decembro. A guerra civil española significou novamente o fin do parlamento, en 1938.

O Parlament actual (1980-actualidade)

[editar | editar a fonte]

O Parlament actual foi restaurado pouco despois que a Generalitat de Cataluña e legalizado formalmente coa aprobación do Estatut de 1979. As primeiras eleccións ao Parlament celebráronse o 20 de marzo de 1980 e a sesión constitutiva tivo lugar o 10 de abril do mesmo ano.

O 27 de outubro de 2017 aprobouse unha declaración unilateral de independencia (DUI) nunha votación secreta con 70 votos a favor, 10 en contra e 2 en branco, coa maioría da oposición ausente en protesta. A declaración foi anulada polo Tribunal Constitucional a causa dun recurso do Goberno de España.

Mesa do Parlamento

[editar | editar a fonte]

A Mesa é o órgano reitor do Parlament, que representa á cámara e xestiona e goberna a institución.

Presidentes

[editar | editar a fonte]

Durante a Segunda República Española o Parlament tivo tres presidentes:

Despois da restauración da democracia, os presidentes da cámara foron:

A sede do Parlament é o Palau del Parlament de Catalunya, que se atopa no Parc de la Ciutadella da cidade de Barcelona. Foi construído no século XVIII e está declarado Ben cultural de interese local.

  1. Pérez de Lama, Ernesto (dir.) (1998). Manual del Estado Español 1999. Madrid: LAMA. p. 466. ISBN 84-930048-0-4. 
  2. 2,0 2,1 Llei Orgànica 6/2006, de 20 de juliol, de reforma de l'Estatut d'autonomia de Catalunya
  3. "El Palau del Parlament". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 24 de marzo de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]