Saltar ao contido

Torre de Collserola

Torre de Collserola
Sarrià-Sant Gervasi e Vallvidrera, el Tibidabo i les Planes Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Torre de Collserola (ca) Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Arquitecto/a
 Enxeñeiro estrutural
Arup (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1991 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
27 de xuño de 1992 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura288,4 m Editar o valor en Wikidata
Superficie5.800 m² Editar o valor en Wikidata
Pisos sobre o solo13 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
Camí de Vallvidrera al Tibidabo Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Recoñecemento
Ben integrante do patrimonio cultural catalán
Id. IPAC46114 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF3845148451578815970001 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02nz_c Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

A Torre de Collserola é unha torre de comunicacións situada no Pico da Vilana, preto do Tibidabo (serra de Collserola), no municipio de Barcelona.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Foi construída entre febreiro de 1990 e xullo de 1992 con motivo dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 e desde aí realízanse a maioría de enlaces audiovisuais da área metropolitana e a provincia. Esta torre de deseño futurista dispón dun miradoiro público no nivel 10 desde onde se divisa a cidade de Barcelona. Ten unha altura de 288,4 metros e foi deseñada polo arquitecto británico Norman Foster e os enxeñeiros de camiños Julio Martínez Calzón e Manuel Julià Vilardell, e construída por Cubiertas y MZOV, S.A..

Como peculiaridade cabe destacar que a Torre de Collserola posúe tamén servizos de cátering para empresas, onde se pode celebrar calquera evento. Dispón dunha sala de recepción e aperitivo, unha sala polivalente onde se poden participar en reunións de negocios ou empresariais e a planta miradoiro ten unha cabida de ata 100 comensais, onde calquera pode deleitarse coas súas vistas cara a Barcelona ou a comarca do Vallès Occidental.

A Torre de Collserola é membro da Federación Mundial de Grandes Torres.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]