Apeadoiro de Perbes
Apeadoiro de Perbes | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Uso(s) | en funcionamento ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Miño | |||
Parroquia | Perbes ![]() | |||
Transporte | ||||
Código de estación ferroviaria | 21003 ![]() | |||
Número de plataformas | 1 ![]() | |||
Servizo de conexión | Media Distancia Renfe ![]() | |||
Media distancia | MD | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Adif ![]() | |||
Operador/a | Renfe Operadora ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Perbes é un apeadoiro ferroviario de Adif situado na vila de Perbes, no concello de Miño, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 17,7 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 68 metros de altitude,[1] entre as estacións de Miño-Castro e de Pontedeume. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.[2] Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.
Incidentes
[editar | editar a fonte]En xullo de 2016 un tren tivo que ser evacuado logo dun lume que se producira no propio vehículo.[4]
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 20 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
5 | MD | A Coruña | <> | Ferrol |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ F. Varela / P. Rodríguez (2000-09-04). "Mañana se cumple un siglo del comienzo de las obras del tren Ferrol-Betanzos, inaugurado en 1913". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-12.
- ↑ Betanzos a Ferrol Arquivado 22 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway
- ↑ "Evacuado un tren que empezó a arder en el apeadero de Perbes (A Coruña)". Finanzas.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-12.