Saltar ao contido

Teixido, Cedeira

Teixido
Santuario de Santo André de Teixido.
ConcelloCedeira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°42′31″N 7°59′03″O / 43.708611111111, -7.9841666666667
Poboación48 hab. (2022)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Santo André de Teixido, coñecida popularmente como Santo André de Lonxe, é unha parroquia situada no leste do concello de Cedeira, na Serra da Capelada, preto dos cantís sobre o mar. Segundo o padrón municipal de 2022 tiña 48 habitantes (31 homes e 17 mulleres), constando os seus lugares na parroquia de Régoa a efectos estatísticos[2].

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Neste lugar atópase o santuario de Santo André de Teixido, famoso lugar de peregrinación.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]

Ademais da capela de Santo André, teñen tamén interese a Fonte do Santo e o miradoiro natural de Vixía de Herbeira, por riba dos cantís que, cos 620 metros de altura, teñen a maior cota sobre o mar de toda Europa.

Curro da Capelada

[editar | editar a fonte]

O curro da Capelada é un espazo para a rapa das bestas que se celebra no monte da Pena Toxosa o último domingo de xuño.

[editar | editar a fonte]
Refraneiro
  • A San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo.
  • A san Andrés van ás veces dous e volven tres.
Cantigueiro
  • A San Andrés de Teixido/ fun coa cesta na cabeza,/ fun por mar e vin por terra/ o santiño mo agradeza [3].
  • Fun ó santo San Andrés/ alá no cabo do mundo;/ sólo por te ver, meu santo,/ tres días hai que non durmo [3].
  • Fun ó santo San Andrés,/ fun alá e hei volver,/ quedoume a ñima mantilla/ no seu altar por coller [3].
  • Fun ó santo San Andrés/ fun coa miña empanada,/ anque o santo é milagreiro/ é amigo da fuliada [3].
  • Indo para San Andrés/ seica me veu un agoiro,/ non puiden levar a pedra/ ó primeiro amilladoiro [3].
  • Meu divino San Andrés/ este ano alá non vou,/ pola falta de diñeiro/ moita xente se quedou [3].
  • Meu divino San Andrés,/ tellas do voso tellado,/ elas de lonxe parecen/ ouro fino amartelado [3].
  • Meu señor San Andresiño/ póñano-lo vento en popa/ que somo-los de Cariño,/ traémo-la vela rota [4].
  • Meu señor San Andresiño/ que está na alta ribeira,/ véñolle pedir, meu santo,/ a salvación verdadeira [3].
  • Meu señor San Andresiño/ que estás na alta montaña,/ este ano vin solteira,/ pro o que vén virei casada [3].
  • O divino San Andrés/ mandou empedrar o mar/ para que os seus romeiriños/ o foran a visitar [3].
  • O San Andrés de Teixido/ está dereito na porta/ mirando para os romeiros/ como lle baixan a costa [3].
  • Pasei a ponte do Porco,/ paseille a man polo lombo,/ meu divino San Andrés/ o voso camiño é longo [5].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Teixido

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Teixido no concello de Cedeira (A Coruña)

Biduído | A Candocia | Lamelas | Meizoso | Teixidelo

Parroquias de Cedeira

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cedeira

Cedeira (Santa María do Mar) | Cervo (Santalla) | Esteiro (San Fiz) | Montoxo (San Xiao) | Piñeiro (San Cosme) | Régoa (Santa María) | San Román de Montoxo (San Román) | Teixido (Santo André)

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2022". www.ige.gal. Consultado o 2025-12-07. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 Vicente Risco, 405.
  4. Lino Lema Bouzas, 13. Cedeira e Cariño son concellos limítrofes.
  5. Vicente Risco, 405. Refírese á ponte do Porco, sobre o río Lambre, en Miño (A Coruña) construída por Fernán Pérez de Andrade no século XIV.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
  • RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).
  • TORRES, Xohana: Teixido. San Andrés de Lonxe: Mitos e Ritos; Engaiolarte, Vigo, 2017

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]