Portada (arquitectura)
Aparencia
En arquitectura, unha portada é a entrada principal que xeralmente se presenta profusamente ornamentada, principalmente nunha igrexa, catedral ou nun grande edificio. As portadas evolucionaron desde os antigos portais da antiga Grecia.
A portada nas igrexas cristiás, ao orientárense cara ao leste, adoita situarse na fachada occidental aos pés do edificio, pero algúns templos tamén presentan a súa portada nunha fachada lateral. Son a parte exterior máis coidadosamente decorada, aínda que na arquitectura románica a cabeceira adoita tamén ser igualmente considerada.