Río Lambre
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
Lambre | |
---|---|
Río Lambre. | |
País | Galicia |
Nacemento | Monte da Pena Monfero |
Lonxitude | 15 km |
Caudal medio | 600 msmn |
Desembocadura | Ría de Betanzos |
O Lambre é un pequeno río galego da provincia da Coruña, que verte as súas augas na ría de Betanzos.
Percorrido
[editar | editar a fonte]O Lambre nace a 600 m de altura no monte da Pena da Uz (705 m), no concello de Monfero. Atravesa este concello e os de Vilarmaior, serve de linde entre este e o de Irixoa, e logo entre os de Miño e Paderne, para acabar desembocando na Ponte do Porco, novamente no municipio de Miño, na beira dereita da ría de Betanzos, despois dun percurso de 15 km.
Afluentes
[editar | editar a fonte]Os afluentes deste río son pequenos regos de curto percorrido. Cabe citar na cabeceira, e pola beira dereita, o Lambruxo.
Réxime hídrico
[editar | editar a fonte]O Lambre é un río de réxime pluvial, do tipo oceánico.
Explotación
[editar | editar a fonte]Sobre o Lambre, no concello de Vilarmaior, sitúase o encoro de Guimil, propiedade de Gas Natural Fenosa.
Étimo
[editar | editar a fonte]O hidrónimo correspóndese coa denominación de tres lugares nos concellos de Irixoa e Paderne, que en principio parecen deber o seu nome ao do río. A fins do século XI (circa 1092) é citado xa como flumen Lambre. A partir de aí a cuestión está aberta. Luís Monteagudo propuxo un étimo *Lamaris, que evoluiría como Tamaris a Tambre (habería que supor desde un acusativo *Lamare, como para Tamare). Mais Schmoll supón que é comparábel ao Lambro, un afluente do Po, en Italia, para o que Krahe sostivo unha orixe iliria. O nome tamén se ten comparado á Flavia Lambris, unha cidade de época romana sita ás beiras do Cantábrico e mais outra denominada, con lectura insegura, Lambriaca ou Lambrica.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes do río Lambre.
-
Río Lambre.
-
A Ponte do Porco na desembocadura
-
Praia da Alameda na marxe dereita da desembocadura.
-
Desembocadura do río Lambre.