Martiño I, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martiño I, papa
Nacemento21 de xuño de 598
Lugar de nacementoPian di San Martino
Falecemento19 de setembro de 655
Lugar de falecementoQuersoneso
SoterradoQuersoneso
NacionalidadeImperio Bizantino
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítico, diplomático, sacerdote católico e escritor
Período649 a 655
Coñecido porser o papa n° 74 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Todi-2
editar datos en Wikidata ]

Martiño I, nado en Todi (Umbría) e finado no Quersoneso (Crimea) o 16 de setembro de 655, foi o papa nº 74 da Igrexa católica de 649 a 655.

Pontificado[editar | editar a fonte]

Iniciou o pontificado convocando axiña o concilio que o seu predecesor Teodoro I non puido celebrar. Neste concilio, celebrado en Latrán condenouse o monotelismo que o emperador bizantino Constante II quería impoñer como solución de compromiso entre a ortodoxia cristiá e o monofisismo.

Decatándose da noticia da condena, Constante II fixo deter o papa polo exarca Calliopas de Rávena e ordenou o seu traslado á capital imperial. O exarca, á súa chegada a Roma, informa o clero que Martiño I fora deposto como papa. O mércores 19 xuño de 653, o papa foi embarcado con destino a Constantinopla, onde chega o 17 de setembro de 654, tras permanecer durante case un ano na illa de Naxos. Maltratado durante a travesía, Martiño chegou enfermo e debeu ser transportado sobre unha padiola.

En Constantinopla, tivo unha parodia de xuízo no Hipódromo, con cargos de herexía e inimigo do estado. Foi condenado a morte o 20 de decembro de 654. Martiño I foi vexado e insultado, privado das súas vestiduras, cargado de cadeas e a súa roupa sacerdotal rompeuse publicamente e colocóuselle unha pesada cadea ao colo.

Tras tres meses de prisión, o emperador conmutoulle a pena de morte pola de exilio en Crimea, onde chega o 15 de maio de 655, nunha situación física tan deplorable, debida ao maltrato sufrido dende a súa detención, que faleceu o 16 de setembro de 655.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.