Naxos
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Grecia | ||||
Administracións descentralizadas | administración descentralizada do Exeo | ||||
Periferias | Exeo Meridional | ||||
Unidades periféricas | Naxos (pt) | ||||
Concello | Naxos and Lesser Cyclades Municipality (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 17.930 (2011) (41,89 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 428 km² | ||||
Medición | 21,7 () × 32,5 () km | ||||
Bañado por | Mar Exeo | ||||
Altitude | 1.003 m | ||||
Punto máis alto | Zas mountain (en) (1.001 m) | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | naxos.gr |
Naxos (en grego Νάξος) é unha illa grega do mar Exeo, que pertence ao arquipélago das Cícladas. Ten 429 km² e 19.000 habitantes, o que a fai a máis grande das illas das Cícladas no mar Exeo. Foi o centro da arcaica cultura das Cícladas. A illa é famosa por ser unha fonte de esmeril, unha rocha rica en corindón, que ata a época moderna foi un dos mellores abrasivos dispoñibles.
A cidade máis grande e capital da illa é Chora ou Naxos, con 6.533 habitantes (censo 2001). Os principais pobos son Filoti, Apiranthos, Vivlos, Agios Arsenios, Koronos e Glinado.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]De acordo coa mitoloxía grega, o mozo Zeus criouse nunha cova no monte Zas ("Zas", que significa "Zeus"). Homero menciona "Día"; literalmente, a illa sagrada "da deusa". Karl Kerényi explica (falando coma se fose un grego antigo):
Unha lenda conta que na época heroica antes da Guerra de Troia, Teseo abandonou a princesa Ariadna de Creta filla do rei Minos, nesta illa despois de que ela axudáralle a matar ao Minotauro e escapar do labirinto. Dioniso (deus do viño, festas, e a enerxía primordial da vida) que era o protector da illa, rescatou a Ariadna e namorouse dela. Pero co tempo Ariadna, incapaz de soportar a súa separación de Teseo, ou ben se matou (segundo os atenienses), ou ascendeu ao ceo (segundo versións anteriores). A parte do mito de Naxos de Ariadna tamén se conta na ópera de Richard Strauss Ariadne auf Naxos.
Noutra versión da lenda, relatada brevemente por Homero na Odisea (XI, 321-325), Artemisa mata á Ariadna en «Día, a illa bañada por ríos», que Diodoro Sículo asimila a Naxos, pero é máis probable que sexa a actual Día, ao longo da costa norte de Creta. O que si é certo é que a illa rendía culto a Dioniso, patrón das viñas, que eran o seu principal cultivo.
Os irmáns xigantes Oto e Efialtes figuran en polo menos dous mitos Naxos: nun, Artemisa comprou o abandono do asedio que puxeron en contra dos deuses, ofrecéndose a vivir en Naxos como amante de Otus; noutro, os irmáns asentáronse en realidade en Naxos.
Historia
[editar | editar a fonte]Naxos foi habitada antes do final do primeiro período cicládico (antes do 2000 a. C.). Foi colonizada polos xonios en época arcaica. Rapidamente fíxose próspera. Acadou o apoxeo da súa gloria nos séculos VII e VI a. C., nos que domina, entón, a todas as Cícladas.
Ofrece a esfinxe chamada dos naxios en Delfos e os soados leóns de Naxos en Delos. En 500 a. C., os persas fracasan diante da illa, o que marca o fin de sur expansión en Xonia. En 527 a. C., unha nova expedición persa é organizada contra as Cícladas, con Aristágoras, gobernador de Mileto, á cabeza. De novo, o asedio fracasa. A finais do século VI a.C., alcanza o seu apoxeo baixo o tirano Ligdamis, instalado alí segundo Herodoto, por Pisístrato. O historiador di que nesta época, ela «excede a todas as outras illas en prosperidade» (Historia, V, 28).
En 491 a. C., durante a primeira guerra médica, ten lugar a vinganza persa: Naxos é tomada polo xeneral Datis, os habitantes que non puideron fuxir son reducidos á escravitude, a cidade e os templos son incendiados. Os naxios fan logo defección e na batalla de Salamina achegan catro trirremes aos gregos.
Tras a vitoria, forma parte da confederación de Delos. Moi rapidamente, sublévase contra o imperialismo ateniense: en 468 a. C., Naxos fai defección coa súa frota, e entón é asediada e sometida por Atenas, «contrariamente á norma», segundo Tucídides (I, 98, 4). Os atenienses enviaron clerucos (colonos) á illa, 500 tras o exilio de Tucídides, o adversario de Pericles, en 443 a. C.. En 338 a. C., é conquistada polos macedonios, e en 166 a. C. polos romanos.
Na Idade Media, como o resto das Cícladas, a illa foi conquistade polos venecianos como resultado da Cuarta Cruzada, en 1207. O veneciano Marco Sanudo convértese en Duque de Naxos. Constrúe o forte rodea a cidade vella. Naxos pasa logo aos otománs de 1579 a 1821.
Escavacións e restos arqueolóxicos
[editar | editar a fonte]Naxos, florecente nos séculos VII e VI a. C., foi explorada con particular éxito por Kondoleon. na rexión interior, ao sur da aldea de Sangri, existía un templo arcaico de Deméter e Core (tiña planta cadrada con 13 m de lado), que resultou posteriormente integrado nunha basílica do século V.
A antiga cidade de Naxos coincidía en nome e lugar coa pequena cidade actual. Da época arcaica consérvanse, no illote anterior a Palati, os restos un grandiosos portalón, entre eles dun templo xónico do século VI a. C. Xa identificado en 1924 por G. Welter como un hekatompedon (a cella ten 30,50 m) e posteriormente escavado e estudado por G. Gruben a partir de 1968. O templo, presuntamente dedicado a Apolo, era in antis en ambas as frontes, mentres a cella dividíase en tres naves.
Nos anos 60, Zaphiropoulos ocupouse dunha necrópole xunto ao poboado de Tsikalario, que permanecera en uso desde a época xeométrica ata o século VII.
Kondoleon, en 1971, estudou a antiga cidade de Naxos e a necrópole de Aplomata, rica en esculturas cicládicas.
Entre os varios materiais recuperados nos estratos arcaicos de Naxos e Paros merecen especial atención os numerosos documentos que testemuñan a habilidade dos escultores destas illas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kerenyi, Karl (1951). The Gods of the Greeks. pp. 271–272.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web (en inglés).
- Páxina oficial (en grego) (en inglés)
- Moving Postcards Naxos
- Mulicipality of Naxos and Small Cyclades (en grego).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Naxos |