Umbría
| Umbria (it) | |||||
| Epónimo | Úmbrios (pt) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| País | Italia | ||||
| Capital | Perugia | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 882.015 (2019) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 8.456 km² | ||||
| Altitude | 493 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 2 de xaneiro de 1927 | ||||
| Santo padrón | Francisco de Asís | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Government of Umbria (en) | ||||
| • President of Umbria (en) | Donatella Tesei (pt) | ||||
| Órgano lexislativo | Regional Council of Umbria (en) | ||||
| Membro de | Alianza Climática (2006–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | IT-55 | ||||
| Código NUTS | ITI2 | ||||
| Identificador ISTAT | 10 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | regione.umbria.it | ||||

A Umbría[1] (Umbria en italiano), posta no corazón de Italia, cos seus 8.456 km² de superficie (6.334 a provincia de Perugia e os restantes 2.122 a de Terni) é unha das rexións máis pequenas de Italia e a única, da Italia peninsular, que non está bañada por ningún mar. Limita ao leste e ao nordeste coas Marcas, ao oeste e noroeste coa Toscana e ao sur e suroeste co Lacio.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Neste territorio predominan os outeiros (70,7% da superficie total), aínda que tamén ten zonas de montaña (o 29,3%). A Umbría ofrece unha gran variedade de caracteres morfolóxicos e paisaxísticos coa presenza de vales, cadeas montañosas, altiplanos e chairas, máis ou menos extensas, que atravesan a rexión de oeste a leste, constitúen a característica xeográfica dominante. A inestabilidade tectónica e a nova idade xeolóxica motivan a elevada sismicidade da rexión.
División administrativa
[editar | editar a fonte]A rexión divídese en dúas provincias:
Os principais concellos da Umbría son:
| Cidade | Poboación (hab) |
Superficie (km2) |
|---|---|---|
| Perugia | 162.565 | 449 km2 |
| Terni | 109.816 | 211 km2 |
| Foligno (Perugia) | 53.818 | 263,7 km2 |
| Città di Castello (Perugia) | 39.492 | 387 km2 |
| Spoleto (Perugia) | 38.563 | 349 km2 |
| Gubbio (Perugia) | 32.542 | 525 km2 |
| Assisi (Perugia) | 26.196 | 186 km2 |
| Orvieto (Terni) | 20.841 | 281 km2 |
| Bastia Umbra (Perugia) | 20.760 | 27,6 km2 |
| Narni (Terni) | 20.212 | 197 km2 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para umbro.
