Manuel Nóvoa Barreiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Nóvoa Barreiros
Biografía
Nacemento1930 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de marzo de 1949 Editar o valor em Wikidata (18/19 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Manuel Nóvoa Barreiros, nado en Ourense cara a 1930 e finado na mesma cidade o 18 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño de Ourense, membro das Juventudes Socialistas Unificadas e do comité provincial do Partido Comunista de España. Nos anos corenta uniuse á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, que tiña a súa base na Edreira. O grupo voante a mando de Juan Sorga e integrado por Manuel Rodríguez González, Camilo de Dios Fernández, Antonio Pérez Barreiros, José María Saavedra Díaz e o propio Manuel Nóvoa, marchou a Ourense o 8 de marzo de 1949. O 18 de marzo o grupo foi localizado pola garda civil nunha casa que utilizaban como refuxio preto de Ourense. Nun primeiro asalto os guerrilleiros lograron repeler o ataque e mataron o capitán Francisco Piñel Estévez e ao garda José Rouco Vila, o guerrilleiro Antón López tamén resultou morto. A situación fíxose insostible e Antonio Pérez, José María Saavedra e outro guerrilleiro intentaron romper o cerco. Antonio Pérez e José María Saavedra resultaron gravemente feridos e foron capturados. Na casa permaneceron dous guerrilleiros que continuaron resistindo e a garda civil decidiu poñerlle lume á casa. No edificio en chamas, Manuel Nóvoa suicidouse mentres o seu compañeiro Camilo de Dios foi ferido e capturado. Manuel Rodríguez e Juan Sorga lograron fuxir.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Domínguez González, José (2016). A Edreira, el último bastión de la resistencia en Ourense (18 en el balneario). Círculo Rojo. pp. 62–64. ISBN 978-84-9126-680-8. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 130–131. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]