Oliva, Valencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oliva
Flag of Oliva Spain.svg
Escut d'Oliva-2.svg
Oliva, plaça de l'ajuntament.JPG
Localización
Localització d'Oliva respecte del País Valencià.png
PaísEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaValencia
ComarcaSafor
Xeografía
Altitude25 msnm
Superficie59,93 km²
Demografía
Poboación26.190 hab. (2015)
Densidade471,87 hab./km²
XentilicioOlivense
Outros datos
Código postal46780
AlcaldeSalvador Fuster Mestre (PSPV)
Ajuntament d'Oliva

Oliva é un concello da Comunidade Valenciana. Situado no sueste da provincia de Valencia, na comarca da Safor. Ten 26.190 habitantes (INE 2015).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situado no límite meridional da provincia de Valencia. Polo seu relevo xeográfico pódese dividir en tres zonas ben diferenciadas: a montaña, a chaira ocupada pola horta e a zona pantanosa ao sueste. A costa é baixa e areosa, con praias de areas finas en toda a súa lonxitude. O clima é mediterráneo.

Parte do seu termo municipal está integrado do parque natural do Marjal de Pego-Oliva.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é mediterráneo de costa, con invernos suaves e quentes veranos. As temperaturas son:

Temperaturas e precipitacións (en mm) de Oliva:
Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro
MAX. 17º 19º 21º 23º 26º 29º 31º 33º 30º 25º 20º 18º
MIN. 10º 12º 14º 17º 21º 22º 23º 21º 16º 11º
mm 27,0 27,5 19,5 28,0 28,5 11,0 7,50 8,00 43,0 41,0 32,0 46,0

Entre novembro e febreiro poden chegar borrascas de aire frío que afectan a esta zona, pero as temperaturas baixan notabelmente, por exemplo, que un día de decembro estea despexado e 18 °C de máxima, e o día seguinte 14 °C de máxima e choiva. Igualmente entre maio e setembro poden chegar vagas de calor (chegan máis no verán, pero ás veces tamén en maio e setembro), por exemplo, un día de agosto con 32 °C, e un día despois 38 °C.

Núcleos de poboación[editar | editar a fonte]

No concello de Oliva atópase tamén o núcleo de poboación de Platja d'Oliva. Oliva conta cos seguintes barrios, que se identifican coas circunscricións eclesiásticas:

  • Barri de Santa Maria.
  • Barri de Sant Roc.
  • Barri de Sant Francesc.

Localidades limítrofes[editar | editar a fonte]

O concello de Oliva limita coas localidades de Alqueria de la Comtessa, La Font d'en Carròs, Piles e Villalonga, todas elas da provincia de Valencia; Atzúvia, Dénia, Pego e Ondara da Provincia de Alacant.

Demografía[editar | editar a fonte]

Oliva conta cunha poboación de 27.374 habitantes (INE 2008). Un 18,32 % do seu censo está constituído por inmigrantes.

Evolución demográfica de Oliva
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2006 2007 2008
6.984 8.779 7.956 9.619 8.995 12.178 18.407 13.343 14.579 16.772 19.580 20.311 21.001 25.318 26.844 27.374 28.279

Monumentos[editar | editar a fonte]

Do seu pasado histórico consérvanse o templo de Santa Maria la Major (cuns valiosos arquivos), a iIgrexa de San Roc (construída sobre a antiga mesquita), a Capela da Verge del Rebollet co antigo convento, as ermidas dos Santos Antoni e Vicent, así como as famosas chemineas no Camí dels Rejolars, e o Mercat Municipal.

Da súa época medieval consérvanse antigas torres de defensa da muralla, que separaban a vila de extramuros, o castelo de Santa Anna e o do Rebollet (destruídos por un gran terremoto en 1598), as casas nobres na Rúa Tamarit, o casco antigo, cheo de típicas casas de arquitectura valenciana. Do antigo barrio mozárabe quedan as súas canellas estreitas e sen disposición xeométrica, da que é estandarte a Rúa a Hoz, que debe o seu nome á súa forma.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]