Juan Gallego Abeledo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Mugardos, España |
Morte | 21 de xuño de 1949 Silán, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Buzo Comandante |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Familia | |
Pai | Manuel Gallego Durán |
Irmáns | María Gallego Abeledo e Josefa Gallego Abeledo |
Juan Gallego Abeledo, coñecido como Buzo ou Comandante, nado en Mugardos finado en Silán (Muras), o 21 de xuño de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Gallego Durán e irmán de María Gallego Abeledo, comisaria política do destacamento Enrique Líster. Integrouse en 1948 na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Membro do destacamento Arturo Cortizas, foi tamén responsable do destacamento Segundo Villaboy desta agrupación. Foi abatido nun enfrontamento coa Garda Civil en Forcón (Silán, Muras) o 21 de xuño de 1949 con José Pedreira de la Iglesia, Celia González Pernas, Juan Pérez Dopico e Josefa Escourido Cobo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. pp. 134–135. ISBN 978-84-8341-166-7.