Celia González Pernas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Celia González Pernas
AlcumeCelia da Ferrería
Nacemento12 de marzo de 1918
Lugar de nacementoSilán
Falecemento21 de xuño de 1949
Lugar de falecementoSilán
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Celia González Pernas, Celia da Ferrería, nada en Silán (Muras) o 12 de marzo de 1918 e finada na mesma parroquia o 21 de xuño de 1949, foi unha guerrilleira antifranquista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enlace da guerrilla. A caída de José Porto Lestegás e Benedicto Escourido Cobo precipitou a subida ao monte. Foi abatida nun enfrontamento coa Garda Civil en Forcón (Silán, Muras) o 21 de xuño de 1949 con José Pedreira de la Iglesia, Juan Gallego Abeledo, Juan Pérez Dopico e Josefa Escourido Cobo. Situada fóra da cabana cando se iniciou o cerco, caeu morta no primeiro intercambio de disparos. Estaba embarazada de oito meses.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario, Nós. "A fin da guerrilla na Mariña: A loita guerrilleira de Celia da Ferraría". Nós Diario. Consultado o 2021-03-31. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]