Juan Pérez Dopico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Juan Dopico Fernández")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Pérez Dopico
AlcumeXan de Xenaro e Caravaca
Nacemento1917
 Limodre
Falecemento21 de xuño de 1949
 Silán
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Juan Pérez Dopico,[1] alcumado Xan de Xenaro e Caravaca, nado en Limodre (Fene) en 1917[2] e finado en Muras o 21 de xuño de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi obrigado a incorporarse ao exército. Desertou do exército sublevado e participou na defensa de Madrid. Foi xulgado en Ferrol por sedición e declarado en rebeldía. Foi detido en 1939 e condenado a morte. Foille conmutada a pena e permaneceu na prisión de Carabanchel ata 1945. Ao saír traballou en ASTANO, militando no PCE. Botouse ao monte en 1946 e converteuse no xefe militar do Destacamento Segundo Vilaboy[3] da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia xunto a Juan Gallego Abeledo O Comandante. O 21 de xuño de 1949 foi abatido nun enfrontamento coa Garda civil en Silán (Muras) con José Pedreira de la Iglesia, Juan Gallego Abeledo, Celia González Pernas e Josefa Escourido Cobo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nalgunhas fontes aparece como Juan Dopico Fernández:
  2. "Estreno de «Xan de Xenaro», video sobre un guerrillero", La Voz de Galicia, Ferrol, 20-7-1986, p. 32.
  3. O nome púxose na honra de Segundo Vilaboy Martínez guerrilleiro ferrolán axustizado en decembro de 1947.
  4. "Cuatro bandoleros muertos por la Guardia Civil. En la provincia de Lugo", La Voz de Galicia, 1-7-1949, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. pp. 134–135. ISBN 978-84-8341-166-7. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]