José Remuiñán Barreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "José Ramuñán Barreiro")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Remuiñán Barreiro
 Parada, Ordes
Falecemento31 de outubro de 1949
 Pazos, San Fiz de Monfero, Monfero
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónresistente
editar datos en Wikidata ]

José Remuiñán Barreiro[1], Ricardito ou Simeón, nado en Parada (Ordes) e finado en Monfero en 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou na guerrilla ao rematar a guerra civil. A partir de 1944 foi lugartenente de Benigno Andrade Foucellas a quen acompaña dende 1947 como número dous da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Despois da desfeita da V Agrupación en maio de 1948, volta á IV Agrupación integrándose no Destacamento Arturo Cortizas liderado por Adolfo Allegue Allegue Riqueche. Morre probablemente o 31 de outubro de 1949 en Pazos (San Fiz de Monfero) co resto do seu destacamento cercado pola Garda civil.

Como represalia por unirse á guerrila, oito membros da súa familia foron deportados á provincia de Burgos. A súa nai Antonia Barreiro Recouso morreu no desterro, nas proximidades de Villahoz o 22 de abril de 1949.

A traxedia desta familia inspirou o poema de Luís Seoane "Verdadeiro sucedido nun Nadal" do libro A maior abondamento.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En moitas publicacións o seu apelido aparece escrito como Ramuñán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pazos Gómez, Manuel (2011). A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952. Ordes: Asociación Cultural Obradoiro de Historia. pp. 64–65. ISBN 978-84-614-8181-1. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]