José Antonio Cortiñas Blas
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
José Antonio Cortiñas Blas | |
---|---|
Nome completo | José Antonio Cortiñas Blas |
Bergondo | |
Falecemento | 1951 |
Oleiros | |
Causa | Granada de man |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Antonio Cortiñas Blas, Fondista ou M. Vega, nado en Bergondo e finado en Oleiros en 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Actuou como enlace da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia dende 1946. Afiliado ao PCE, entrou na guerrilla en 1948 fuxindo da detención. Foi comisario político do destacamento Santiago Álvarez cando o comandaba Jesús Valeiro Gómez. Dende xaneiro de 1950 formou parte do Comité Rexional do PCE dirixido por José Ricardo Sevil como delegado da Coruña, dedicándose a labores de captación. Morreu ao estourarlle unha granada nunha taberna de San Pedro de Nós en 1951.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. p. 169. ISBN 84-7507-320-4.
- A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria. A Coruña: Laiovento. 2011. p. 71. ISBN 978-84-8487-288-7.