Antonio López Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio López Arias
AlcumeCanín
Falecemento31 de outubro de 1949
Lugar de falecementoPazos, San Fiz de Monfero, Monfero
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Antonio López Arias,[1] coñecido como Canín, finado en Pazos (Monfero) o 31 de outubro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pertencía ao destacamento Arturo Cortizas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia liderado por Adolfo Allegue Allegue. O Xulgado Especial de Accidentes Ferroviarios da Oitava Rexión Militar publicou en setembro de 1948 unha requisitoria contra el, confundíndoo con Antonio López Jaspe, e Francisco Rey Balbís, Jesús Valeiro Gómez e José Antonio Cortiñas Blas.[2] Requisitoria que volveu repetirse, coa mesma confusión no seu nome, ao mes seguinte cos engadidos de José María Díaz Pan, Emilio Claudio Díaz, Enrique Ferreirós Candamo, José Remuiñán Barreiro, José Pedreira de la Iglesia e José Blanco Núñez.[3] O 8 de xaneiro de 1949 participou con Benigno Andrade García, José Remuiñán Barreiro, Manuel Bastida Franco e José Blanco Núñez na morte de José Couceiro Taboada, subcabo de Somatén, xefe de Falange e mestre e da súa muller María Constela en Soutelo de Montes. Morreu nun enfrontamento armado coa Garda Civil en Pazos (San Fiz de Monfero) cos seus compañeiros Adolfo Allegue Allegue, José Chao Rouco, José Temblás Paz, Juan Freire Barcia, Rogelio Alonso Carral e José Remuiñán Barreiro o 31 de outubro de 1949.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nalgunhas fontes confúndese con José Antonio López Jaspe
  2. "Requisitoria", La Voz de Galicia, 9-9-1948, p. 3.
  3. "Requisitoria", La Voz de Galicia, 20-10-1948, p. 2.
  4. La Voz de Galicia, 1-11-1949, p. 2.
  5. "Siete bandoleros muertos en un tiroteo con la Guardia Civil, en Pazos", El Correo Gallego, 1-11-1949, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]