Manuel Bastida Franco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Bastida Franco
 Mugardos
Falecemento18 de xullo de 1951
 O Tellado
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónguerreiro
editar datos en Wikidata ]

Manuel Bastida Franco, coñecido como Choni, nado en Mugardos e finado no Tellado (Fene) o 18 de xullo de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1936 era cabo da Mariña no buque Jaime I. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e inculpado en causa militar en Ferrol co resultado de sobresemento. Cando saíu da prisión afiliouse ao Partido Comunista de España e actuou como enlace da guerrilla. Despois da detención de varios militantes comunistas, o 23 de xaneiro de 1948 incorporouse á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Como consecuencia, varios membros da súa familia foron arrestados e torturados. Despois estivo con Benigno Andrade García na V Agrupación. Ao disolverse pasou á provincia da Coruña. O 8 de xaneiro de 1949 participou na morte de José Couceiro Taboada, subcabo de Somatén, xefe de Falange e mestre e da súa muller María Constela en Soutelo de Montes. O 18 de xullo de 1951 morreu abrasado, xunto a Juan Gabeiras Barro, nunha casa do Tellado (Fene) á que prendeu lume a Garda Civil.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 41. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]