Pazos de Baixo, San Fiz de Monfero, Monfero
Aparencia
(Redirección desde «Pazos, San Fiz de Monfero, Monfero»)
| Pazos de Baixo | |
|---|---|
| Parroquia | San Fiz de Monfero |
| Concello | Monfero |
| Coordenadas | 43°21′31″N 8°02′06″O / 43.35849687635, -8.0349486382071 |
| Poboación | 1 hab. (2017) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Pazos de Baixo[1] é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero, na comarca do Eume. Segundo o IGE en 2009 tiña tres habitantes (dous homes e unha muller), catro menos ca en 1999.
Historia
[editar | editar a fonte]O31 de outubro de 1949 tivo lugar na aldea un enfrontamento entre a Garda Civil e sete membros da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Adolfo Allegue Allegue, Antonio López Arias, José Chao Rouco e José Remuiñán Barreiro foron abatidos, e José Temblás Paz, Juan Freire Barcia, Rogelio Alonso Carral suicidáronse ante o ataque.[2][3]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Fiz de Monfero
[editar | editar a fonte]Parroquias de Monfero
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.". Xunta de Galicia. Consultado o 2026-07-09.
- ↑ La Voz de Galicia, 1-11-1949, p. 2.
- ↑ "Siete bandoleros muertos en un tiroteo con la Guardia Civil, en Pazos", El Correo Gallego, 1-11-1949, p. 2.