Manuel Pazos Gómez
Manuel Pazos Gómez | |
---|---|
Nacemento | 1962 |
Lugar de nacemento | Marzoa |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | historiador |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Pazos Gómez, nado en Marzoa (Oroso) en 1962, é un historiador galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista universitario en Arquivística pola UNED. Foi un dos fundadores da Asociación Cultural Obradoiro da História de Ordes. Colaborou no terceiro número de Segrel, a revista literaria da Terra de Ordes e na Guía turística do concello de Oroso. Foi responsable do Arquivo Histórico de Imaxes do Concello de Oroso e da edición da súa revista Memoria de Oroso. Colabora en varias publicacións de ámbito xornalístico e cultural.
A principios de 2018 iniciou o proxecto de constitución da Colección de Arte Contemporánea da A. C. Obradoiro da Historia. No ano 2022 puxo en marcha "Acervo, acción cultural" realizando varios proxectos relacionados coa Museografía, Etnografía e recompilación de fotografías antigas no ámbito rural galego.
Obras[editar | editar a fonte]
- Os Camiños Antigos do Concello de Oroso. Guía do Antigo Camiño Real ou Inglés (1996).
- A Resistencia Antifranquista na Comarca de Ordes. Manuel Ponte Pedreira (1997).
- Achegamento á Segunda República en Ordes. Documentos (2001).
- Ordes. Crónica fotográfica do século XX (2002). Coautor con Daniel Pereiro López.
- Despois da Guerra (2003).
- Concello de Oroso. Guía Histórica en Imaxes (2004). Coautor con Daniel Pereiro López.
- San Martiño de Marzoa. Imaxes para o recordo (2007).
- A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952 (2011).
- A República da Berxa. Antonio Gómez Carneiro e o seu tempo 1899-1979 (2014).
- Victorino Verea Montero. Imaxes contra o esquecemento (2015).
- Descrición do Camiño Inglés da Coruña a Compostela / The English Way A Coruña to Santiago de Compostela (2017). Coautor con Trese Barton.
- Os nomes do Terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron (2017); obra colectiva.
- Moncho Valcarce un dos inesquecibles (2018); obra colectiva.
- Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela - A Coruña (2020).
- Foron por elas. Mulleres represaliadas polo franquismo (2022); obra colectiva.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Moncho Valcarce pola Defensa da Terra (2005). Outorgado á A.C. Obradoiro da História pola Irmandade Moncho Valcarce.
- Premio Cunca das Artes 2008. Outorgado á A.C. Obradoiro da História pola Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa (AAAGP).
- Recoñecemento especial á traxectoria no eido da cultura (II Gala da Cultura do Concello de Oroso, 2015).
- Mención de honra / Premio especial "Pazos de Galicia" (I Certame Internacional de Investigación do Camiño Inglés, 2016).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web do autor
- Entrevista en Biosbardia
- "A 'República da Berxa', unha república de dignidade en Mesía", artigo en Praza Pública.
- "En Ordes, a represión foi proporcional á resistencia contra o golpe" Arquivado 05 de maio de 2018 en Wayback Machine., artigo en Sermos Galiza.