Manuel Ramiro Souto
Manuel Ramiro Souto | |
---|---|
Alcume | Souto |
Nacemento | 1925 |
Lugar de nacemento | Ombre |
Falecemento | 2 de xuño de 1952 |
Lugar de falecemento | Visantoña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Ramiro Souto, Souto, nado en Ombre (Culleredo) en 1925 e finado en Visantoña (Mesía) o 2 de xuño de 1952, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Albanel. En 1945 pertencía ao grupo volante destacamento Manolito Bello da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia con José María Castelo Mosquera, Vicente Peña Tarrasa, Manuel Pena Camino e Carmen Temprano Salorio, que actuaba nas Mariñas. Reclamado polo xuíz militar de Santiago de Compostela en novembro de 1948 xunto con José María Castelo Mosquera, Francisco Paz Fornos e Emilio Pérez Vilariño.[1] Cando estaban refuxiados na casa da familia Teiga en Zas (Negreira) foron descubertos pola Garda civil o 5 de marzo de 1949. Manuel logrou fuxir e despois de dous días de marcha, chegou á zona de Ordes, onde contactou cun punto de apoio grazas ao que foi recollido por outros compañeiros. Foi abatido en Visantoña (Mesía) o 2 de xuño de 1952 con José Galán Núñez cando a Garda civil rodeou a casa onde estaban agochados; o outro compoñente da partida, Juan Couto Sanjurjo, foi detido.[2]